Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.163

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais dos aspirantes definitivamente admitidos para a adquisición da condición de catedrático nos corpos de profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño.

Aprobada por Resolución do 13 de maio de 1996 a lista definitiva de admitidos e excluídos para a adquisición da condición de catedrático nos corpos

de profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño e nomeado máis dun tribunal nalgunhas especialidades, procede determina-los aspirantes que corresponde xulgar a cada tribunal.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Asignarlle ós tribunais que xulgarán os procedementos para a adquisición da condición de catedrático os seguintes aspirantes:

-Especialidades: lingua castelá e literatura e español para estranxeiros.

Tribunal nº 1 de lingua castelá e literatura (corpo de profesores de ensino secundario) e español para estranxeiros (corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas). Tódolos aspirantes de español para estranxeiros e os de lingua castelá e literatura desde Alonso Ferrer, Matilde ata López Facal, Susana, ámbalas dúas incluídas.

Tribunal nº 2 de lingua castelá e literatura. Desde López Fernández, Jesús ata Vispalia Seoane, José Mª, ámbolos dous incluídos.

-Especialidade: xeografía e historia.

Tribunal nº 1. Desde Alonso Fernández, Benito ata López Quiroga, Román, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2. Desde López Silva, Xosé ata Villena Pérez, Abilio, ámbolos dous incluídos.

-Especialidade: matemáticas.

Tribunal nº 1. Desde Abad Quintian, Víctor Manuel ata Lugilde Rivas, M. Isabel, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2. Desde Macía Fernández, Benjamín ata Viña Patiño, José Antonio, ámbolos dous incluídos.

-Especialidades: física e química e análises e química industrial.

Tribunal nº 1 de física e química e análises e química industrial. Tódolos de análises e química industrial e os de física e química desde Abelenda Barca, Manuel ata Liste López, Socorro, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2 de física e química. Desde Lodeiro Martínez, Carlos ata Viruet Caabeiro, M. Carmen, ámbolos dous incluídos.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

3994