Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.159

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 23 de maio de 1996 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciados pola Orde do 25 de marzo de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 25 de marzo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 2 de abril de 1996), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.

Esta consellería,

DISPÓN:

1.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 25 de marzo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 2 de abril de 1996).

2.-Adxudicar destinos nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

3.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, foran concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

4.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no titulo administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

5.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 3383550546 A2062

Grupo: A

Apelidos e nome: Pallares Sánchez, Gerardo

Codigo: OT.C04.00.001.15770.010

Denominación do posto de traballo: Servicio de Proxectos e Obras II.

Centro directivo: D.X. de Obras Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. especial.

Nivel: 28

Especifico: 1,639,104

NRP/DNI: 3242949724 A2062

Grupo: A

Apelidos e nome: López Blanco, Antonio

Código: OT.C04.00.001.15770.012

Denominación do posto de traballo: Servicio de Xestión Económico-Administrativa.

Centro directivo: D.X. de Obras Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. xeral/especial.

Nivel: 28

Específico: 1,639,104

3958