Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.158

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 25 de abril de 1996 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo. Estes prezos entenderanse, co IVE incluído.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO

-Fotografías de Galicia no Arxiu Mas : 1.000 ptas.

-A fotografía na arte contemporánea : 1.600 ptas.-O gravado en Galicia. O gravado compostelán : 3.000 ptas.

-Lugo, a cidades e as xentes, 1940-1949. Fotografías de J. Luis Vega : 2.000 ptas.

-Un museo en movemento: 700 ptas.

-Palacios para un archivo real : 2.500 ptas.

-Guía de fuentes para la Historia de América en el ARG: 4.000 ptas.

-Dinamarca Jacobea: 2.116 ptas.

-Soñar en Roncesvalles: 531 ptas.

-Estudio de construcción rural en el Camino de Santiago: Palas de Rei : 4.695 ptas.

-Actas del Congreso de estudios xacobeos : 6.500 ptas.

-Los caminos de Santiago y la geografía de Galicia. Rutas, paisajes, comarcas: 3.000 ptas.

-La meta del camino de Santiago: 4.000 ptas.

-Die Katedrale von Santiago de Compostela: 5.500 ptas.

-Giovanni Anselmo: 3.800 ptas.

-Inicio dunha colección 1960-1980: 100 ptas.

-Signos e milagres: 3.500 ptas.

-Imaxes e visións: 3.000 ptas.

-Félix González Torres: 3.000 ptas.

-Cristino Mallo: 1.500 ptas.

-Xaquín Chaves: 800 ptas.

-Din Matamoro: 800 ptas.

-Elías Valiña: 750 ptas.

-Herminia Fariña: 750 ptas.

-Manuel García Barros: 750 ptas.

-Teatro, música e danza de Galicia 1996: 750 ptas.

4030