Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 29 de maio de 1996 Páx. 5.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1996 pola que se convoca o concurso público 14/1996 para adquisición de diverso material mobiliario de laboratorio e despachos con destino á Escola Politécnica de Alimentaria de Ourense, dependente desta consellería.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convoca-lo concurso público nº 14/1996 para a adquisición de diverso material

mobiliario de laboratorio e despachos con destino á Escola Politécnica de Alimentaria de Ourense, dependente desta consellería.

1.-Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administratiavas particulares específico deste concurso.

2.-Exposición e adquisición de pregos: estarán ó dispor do público na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio de San Caetano (Santiago de Compostela) e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos hai que dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11. rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

3.-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 1 de xullo ás 14 horas.

4.-Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5.-Documentación a presentar polos licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Apertura de proposicións económicas: realizarase o día 4 de xullo a partir das 10 horas.

7.Prazo de execución: 2 meses contados desde a notificación da adxudicación.

8.-Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9.-Orzamento de licitación: 82.764.000 ptas.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 1996.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

3639