Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 29 de maio de 1996 Páx. 5.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a resolución do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 21 de maio de 1996, pola que se declara deserto o concurso de adquisición de equipos informáticos para o sistema de sancións de transportes.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, de acordo cos reais decretos 212/1979 y 3584/1983 e co Decreto 58/1984, sobre asunción de transferencias en materia de transportes, e de acordo coa acta da mesa de contratación do concurso,

RESOLVE:

Declarar deserto o concurso de adquisición de equipos informáticos para o sistema de sancións de transportes, de conformidade co establecido no artigo 89 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

O que en cumplimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía amdinistrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolucón, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1996.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14/12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

3956