Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se mencionan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 13 de de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Servicios técnicos de coordinación e valoración das reclamacións presentadas polo sinistro do buque Aegean Sea na costa galega.

Adxudicatario: Grupo Clave, S.A.

Importe: 7.792.243 ptas.

-Servicios de vixilancia nos lugares de atracada das embarcacións de inspección e vixilancia e da nave-almacén de Portonovo.

Adxudicatario: Grupo Cetsa Seguridade, S.A.

Importe: 49.282.683 ptas.

-Adquisición de tres vehículos todoterreo con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Adxudicatario: Autos Lobelle, S.A.

Importe: 10.155.000 ptas.

-Seguro colectivo de accidentes no mar.

Adxudicatario: Amaya y Cía, S.A.

Importe: 145.000.000 de ptas.

-Prórroga da póliza de seguros de embarcacións e persoal a bordo dependente da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Adxudicatario: Mapfre Industrial, S.A. de Seguros y Mapfre Seguros Generales Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A., a través de Cobián y Cobián Corredores y Asesores de Seguros, S.L. Marsh & Maclennan España, S.A. (U.T.E.).

Importe: 11.807.000 ptas.

-Implantación de novos sistemas de xestión nas confrarías de pescadores de Galicia.

Adxudicatario: Servicio de Auditoría y Consulting de Empresas, S.L. (Sace).

Importe: 35.000.000 de ptas.

-Servicio de limpeza en delegacións territoriais, comarcais e centros dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Adxudicatario: Symatec, S.L.

Importe: 9.923.836 ptas.

-Preparación do pantalán de atracada do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Adxudicatario: Aislamentos Térmicos de Galicia, S.A. (Aister).

Importe: 8.266.784 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

3518