Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto da subministración consistente na adquisición de dous lotes de mobiliario e utensilios de oficina para escolas e centros de capacitación e extensión agraria (SEA-355).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de dous lotes de mobiliario e utensilios de oficina para escolas e centros de capacitación e extensión agraria (SEA-355), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: doce millóns novecentas vinte mil oitocentas cincuenta e tres pesetas (12.920.853 ptas.).

Lote 1. Máquinas fotocopiadoras, de escribir, material de proxección, grampadoras eléctricas, fax, calculadoras, etc.: 7.946.399 ptas.

Lote 2. Mobiliario diverso para oficinas e residencias de escolas, etc.: 4.974.454 ptas.

A forma de licitación será por lotes independentes (lote I e II).

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Clasificación: non é necesaria.

Exposicións dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 24 de xuño de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público nos locais da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, San

tiago de Compostela), ás 13 horas do día 28 de xuño de 1996.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

3512