Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público, procedemento aberto, en trámite de urxencia, para a adxudicación da obra que se cita:
1.-Obxecto: restauración da igrexa de San Vicente de Pombeiro, 2ª fase en Ferreira de Pantón-Lugo (Expte. 96/04/1408).
2.-Orzamento de licitación: 9.632.265 (nove millóns seiscentas trinta e dúas mil duascentas sesenta e cinco pesetas), IVE incluído.
3.-Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.
4.-Prazo de execución: 3 meses.
5.-Clasificación requerida: grupo K, categoría d, subgrupo 7.
6.-Exposición de proxectos: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición na copistería Tórculo rúa Rosalía de Castro, nº 45 de Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións.
7.-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.
8.-Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos, nº 15 de Santiago de Compostela, e no rexistro xeral da Xunta de Galicia, desde as 9
ata as 14 horas. Se a presentación fose en sábado, farase no rexistro xeral da Xunta de Galicia. En canto ás proposicións por correo, habera que aterse ó disposto na cláusula 6.2 parágrafo segundo do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.-Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.
10.-Apertura de proposicións: terá lugar na sala B da Consellería de Presidencia e Administración Pública ás 10 horas do día 17 de xuño de 1996.
11.-Información adicional: a solvencia económica financeira e técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12.-Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.
P.D. (Orde 21-5-1995)
Francisco García-Bobadilla Prósper
Secretario xeral para o Turismo
3925