Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 28 de maio de 1996 Páx. 5.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996 pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto, para a contratación mediante tramitación urxente da obra de intervención na igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, no concello de Paradela (Lugo), 2ª fase (expediente 96/04/1434).

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público, procedemento aberto, en trámite de urxencia para a adxudicación da obra que se cita:

1.-Obxecto: intervención na igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, no concello de Paradela (Lugo), 2ª fase (Expte. 96/04/1434).

2.-Orzamento de licitación: 18.075.991 (dezaoito millóns setenta e cinco mil novecentas noventa e unha pesetas), IVE incluído.

3.-Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

4.-Prazo de execución: 3 meses.

5.-Clasificación requirida: grupo K, categoría e, subgrupo 7.

6.-Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición na copistería Tórculo, rúa Rosalía de Castro, nº 45 de Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación das proposicións.

7.-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.

8.-Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos, nº 15 de Santiago de Compostela, e no rexistro xeral da Xunta de Galicia, desde as 9 ata as 14 horas. Se a presentación fose en sábado, farase no rexistro xeral da Xunta de Galicia. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 6.2, parágrafo segundo, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.-Documentación que deberán presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

10.-Apertura de proposicións: terá lugar na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública ás 11 horas do día 17 de xuño de 1996.

11.-Información adicional: a solvencia económica financeira e técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12.-Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

3924