Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

APROBACIÓN definitiva do Plan Parcial do Parque Empresarial de Xermade.

En cumprimento do disposto no artigo 8º, apartado d), da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia urbanística, faise público, para xeral coñecemento, que o Pleno deste concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 21 do actual mes e ano, aprobou definitivamente o Plan Parcial do Parque Empresarial de Xermade.

Xermade, 28 de marzo de 1996.

Manuel González Fernández

Alcalde