Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996 polo que se anuncia a contratación das obras incluídas no Plan Provincial de Cooperativa das obras e servicios de competencia municipal P.D.S. 1996, por procedemento restrinxido e poxa.

De conformidade co disposto no artigo 79 de la LCAP (Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas), anúnciase a participación no procedemento para adxudica-las obras seguintes:

1. Obxecto dos contratos: a contratación das obras:

-Pavimentación da rúa Alcacer. Tipo de licitación: 6.126.905.

-Rede de sumidoiros en Esteiro e Ar. Tipo de licitación: 7.044.527.

2. Duración do contrato: 3 meses.

3. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo a partida orzamentaria 432.611.00 e 441.623.00.

4. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares de prescricións técnicas: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de contratación.

5. Exposicións do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación do anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

6. Presentación de solicitudes de participación: durante os veintiseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Modelo de participación: o recollido no anexo II do prego de cláusulas administrativas xerais.

Pontedeume, 29 de abril de 1996.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde

3030