Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria, celebrada o día 12 de abril de 1996, acordou aprobar incialmente o proxecto de urbanización das rúas Travesa y Tras da Cerca en Seixalbo, por instancia do Concello de Ourense.

Conforme dispón o artigo 117.3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, sométese o expediente a información pública na Casa do Concello durante o prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP e no da Comunidade Autónoma, onde poderá ser examinado e presenta-las alegacións procedentes.

Ourense, 24 de abril de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

3619