O Pleno do Concello na sesión ordinaria, celebrada o día 12 de abril de 1996, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa de Abelardo Arce en Seixalbo, por instancia do Concello de Ourense.
Conforme dispón o artigo 117.3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, sométese o expediente a información pública na Casa do Concello durante o prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP e no da Comunidade Autónoma, onde poderá ser examinado e presenta-las alegacións procedentes.
Ourense, 24 de abril de 1996.
Manuel J. Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente
3621