Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OIA

ANUNCIO.

Visto o expediente tramitado para aprobación das normas subsidiarias do planeamento do Concello de Oia no que se fan consta-los informes favorables emitidos pola Dirección Xeral de Costas e Dirección Xeral do Patrimonio Historico e Documental, e o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, cumpridas as observacións sinaladas neste último, o Concello Pleno en sesión do catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis acordou aprobar definitivamente as normas subsidiarias de planeamento do Concello de Oia, coas observacións sinaladas polo informe do conselleiro de Política Territorial, obras Públicas e Vivenda.

Faise público, en cumprimento do artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño.

Este acordo pon fin á vía administrativa polo que fronte a el cabe interpoñer recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses contados desde a públicación do dito acordo.

Oia, 22 de marzo de 1996.

O alcalde

Rubricado

3618