Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO.

En sesión plenaria celebrada o trinta de marzo de 1996 aprobouse o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Cariño. O acordo sométese a trámite de información pública por espacio dun mes, mediante publicación de anuncio no taboleiro de anuncios do Concello e no Diario Oficial de Galicia dando cumprimento ó artigo 3 do Decreto 258/1991, do 10 de setembro, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para a adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais.

O que se fai público para xeral coñecemento para os efectos da presentación das reclamacións oportunas.

Cariño, 24 de abril de 1996.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

3085