Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 maio 1996, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de alargamento e mellora da estrada de Rozas a Abadín, p.k. 7+000 ó p.k. 12+000, clave: N/LU/92.2.1.2., concellos de Castro de Rei e Cospeito, tramo: Castro de Ribeiras de Lea-Momán.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 15 de febreiro de 1996 foi aprobado o proxecto das obras de alargamento e mellora da estrada de Rozas a Abadín, p.k. 7+000 al p.k. 12+000. Clave: N/LU/92.2.1.2.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 29 de febreiro de 1996 declárase de urxencia para efectos de aplicación do procedemento

que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócase os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Castro de Rei e Cospeito e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación deles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerasen necesario.

Lugar: concello de Cospeito. O levantamento de actas será no local social de Xustás.

Día: 29 de maio de 1996, de 10 a 13 horas e de 16 a 18 horas. Expedientes 1 a 45 de Cospeito.

Día: 30 de maio de 1996, de 10 a 13 horas e de 16 a 18 horas. Expedientes 46 a 89 de Cospeito.

Lugar: concello de Castro de Rei. O levantamento de actas será nos baixos do centro médico de Castro Riberas de Lea.

Día: 31 de maio de 1996, de 10 a 11 horas. Expediente 1 de Castro de Rei.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla, nº 131, 27004 Lugo, as

alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 2 de maio de 1996.

José A. Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

3596