Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria de poxa para o alleamento de maquinaria e vehículos do Servicio Provincial de Estradas da Coruña.

Autorizada pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 28 de xuño de 1993, 13 de decembro de 1995 e 4 de marzo de 1996, por esta resolución convócase a poxa para o alleamento da maquinaria e vehículos dos lotes que se citan no anexo I, de acordo co disposto na Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, e maila Lei de contratos das administracións públicas, e o Real decreto do 27 de maio de 1988 (BOE 3-6-1988), que regula o alleamento de material móbil do PMM, e a Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

A súa celebración terá lugar ás 10 horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do final do prazo de presentación das proposicións, na sala de xuntas da delegación provincial sita no edificio administrativo de Monelos, 8º andar, praza de Luís Seoane, s/n (A Coruña).

Para a poxa rexerán as normas citadas e mailo prego de condicións particulares que xunto coa relación dos lotes do anexo I figura exposta no taboleiro de anuncios do Servicio Provincial de Estradas, onde poderá ser examinado polos interesados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.

A maquinaria e mailos vehículos relacionados poderán ser examinados no parque do Servicio Provincial de Estradas sito en Perillo (Oleiros), na 1ª zona, Devesos (Ortigueira) e na 4ª zona, Bustelo (Vimianzo); para facelo cómpre contactar telefonicamente cos encargados de amosalos, Maroñas (Tfno. 63 73 53), Varela (Tfno. 48 63 27), e Cundíns (Tfno. 71 62 65) respectivamente, durante os cinco días soltos seguintes á publicación deste anuncio, entre as 8 e as 14 horas.

As proposicións poderanse presentar durante os vinte días hábiles seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda sito na praza de Luís Seoane, s/n (edificio administrativo de Monelos) na Coruña, ou en calquera das formas legalmente establecidas de acordo coa Lei de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dirixiranse estas, conforme o modelo que figura no anexo II desta resolución, ó presidente da mesa para o alleamento de maquinaria e vehículos do Servicio Provincial de Estradas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados por cada lote, segundo o modelo que figura no anexo do prego de condicións particulares.

Rematada a lectura das proposicións presentadas para cada lote, a mesa adxudicará provisionalmente os lotes ás proposicións máis vantaxosas, rateando a continuación os gastos da poxa entre os adxudicatarios.

Estes deberán ingresa-lo importe da adxudicación na Tesourería Xeral da Xunta de Galicia ou na entidade bancaria e conta que se indique nun prazo non superior a quince días contados dende a data de comunicación da adxudicación definitiva.

No caso de rescisión por parte do adxudicatario, este perderá a fianza, e poderá adxudicarse ó seguinte licitador de maior oferta, logo da súa conformidade, sempre que a diferencia coa oferta máis vantaxosa sexa inferior ó valor da fianza incautada.

A Coruña, 18 de abril de 1996.

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

ANEXO I

Lote nº 1

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-9435

Marca: SEAT

Modelo: 600 D

Tipo: furgoneta

Ano fabricación: 1965

Estado: para despezamento

Unidade nº 2

Matrícula: MOP-18701

Marca: SEAT

Modelo: 127

Tipo: furgoneta

Ano fabricación: 1976

Estado: para despezamento

Unidade nº 3

Matrícula: MOP-18704

Marca: SEAT

Modelo: 127

Tipo: furgoneta

Ano fabricación: 1976

Estado: para despezamento

Unidade nº 4

Matrícula: MOP-7938

Marca: AVIA

Modelo: 1500

Tipo: camión

Ano fabricación: 1969

Estado: para despezamento

Unidade nº 5

Matrícula: MOP-19600

Marca: DODGE

Modelo: 42 Normal 14

Tipo: camión

Ano fabricación: 1977

Estado: para despezamento

Unidade nº 6

Matrícula: MOP-12939

Marca: AVIA

Modelo: 3500 L

Tipo: camión

Ano fabricación: 1975

Estado: para despezamento

Unidade nº 7

Matrícula: MOP-19240

Marca: EBRO

Modelo: E-95-2

Tipo: camión

Ano fabricación: 1975

Estado: para despezamento

Unidade nº 8

Matrícula: MOP-19438

Marca: BARREIROS

Modelo: Normal 42

Tipo: camión

Ano fabricación: 1975

Estado: para despezamento

Unidade nº 9

Matrícula: MOP-12653

Marca: TIKTIN

Modelo: Revo-150

Tipo: compactador manual

Ano fabricación:

Estado: para despezamento

Unidade nº 10

Matrícula: PMM-8210-G

Marca: TALBOT

Modelo: Horizont

Tipo: turismo

Ano fabricación: 1976

Estado: para despezamento

Unidade nº 11

Matrícula: MOP-23580

Marca: RENAULT

Modelo: 4F

Tipo: furgoneta

Ano fabricación: 1975

Estado: para despezamento

Unidade nº 12

Matrícula: MOP-11016

Marca: RENAULT

Modelo: R-4

Tipo: furgoneta

Ano fabricación: 1971

Estado: para despezamento

A taxación do total do lote nº 1 ascende á cantidades de duascentas setenta e tres mil setecentas pesetas (273.700 ptas.).

Lote composto por 12 unidades

Lote nº 2

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-18706

Marca: SEAT

Modelo: 127

Tipo: turismo

Ano fabricación: 1976

Estado: para despezamento

Unidade nº 2

Matrícula: MOP-5990

Marca: BARREIROS

Modelo: Azor CVB

Tipo: camión

Ano fabricación: 1963

Estado: para despezamento

Unidade nº 3

Matrícula: PMM-41264

Marca: SEAT

Modelo: 124 Esp/1430

Tipo: turismo

Ano fabricación:

Estado: para despezamento

Unidade nº 4

Matrícula: PMM-8057-G

Marca: SEAT

Modelo: 124 Esp/1430

Tipo: turismo

Ano fabricación:

Estado: para despezamento

A taxación do total do lote nº 2 ascende á cantidade de noventa mil pesetas (90.000 ptas.)

Lote composto por 4 unidades.

Lote nº 3

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-13380

Marca: SCHEID

Modelo: TV-40

Tipo: compactador vibratorio

Ano fabricación: 1971

Estado: rodaxe con reparacións.

A taxación do total do lote nº 3 ascende á cantidade de cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 4

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-12831

Marca: ALBARET ERIM

Modelo: RN-16

Tipo: compactador estático

Ano fabricación: 1972

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do total do lote nº 4 ascende á cantidade de un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 5

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-16647

Marca: POCLAIN RETRO

Modelo: TY-45

Tipo: retroescavadora

Ano fabricación: 1975

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do total do lote nº 5 ascende á cantidade de un millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 6

Unidade nº 1

Matrícula: C-1942-AC

Marca: SEAT

Modelo: Ibiza D

Tipo: turismo

Ano fabricación: 1985

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do total do lote nº 6 ascende á cantidade de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 7

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-13465

Marca: SCHEID

Modelo:

Tipo: compactador vibratorio

Ano fabricación: 1969

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do lote nº 7 ascende á cantidade de cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 8

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-11194

Marca: CALSA

Modelo: Súper 100

Tipo: pa

Ano fabricación: 1969

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do lote nº 8 ascende á cantidade de oitocentas mil pesetas (800.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 9

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-13462

Marca: HUBER WARKO

Modelo:

Tipo: motoniveladora

Ano fabricación: 1969

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do lote nº 9 ascende á cantidade de tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 10

Unidade nº 1

Matrícula: C-1944-AC

Marca: SEAT

Modelo: Ibiza D

Tipo: turismo

Ano fabricación: 1985

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do lote nº 10 ascende á cantidade de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 11

Unidade nº 1

Matrícula: C-6332-AF

Marca: SEAT

Modelo: Ibiza D

Tipo: turismo

Ano fabricación: 1986

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do lote nº 11 ascende á cantidade de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 12

Unidade nº 1

Matrícula: C-6333-AF

Marca: SEAT

Modelo: Ibiza D

Tipo: turismo

Ano fabricación: 1986

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do lote nº 12 ascende á cantidade de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 13

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-17517

Marca: RENAULT

Modelo: R-4

Tipo: furgoneta

Ano fabricación: 1975

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do lote nº 13 ascende á cantidade de dez mil pesetas (10.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

Lote nº 14

Unidade nº 1

Matrícula: MOP-13461

Marca: BAKEFIELD

Modelo:

Tipo: motoniveladora

Ano fabricación: 1975

Estado: rodaxe con reparacións

A taxación do lote nº 14 ascende á cantidade de seiscentas mil pesetas (600.000 ptas.)

Lote composto por 1 unidade.

ANEXO II

Modelo de proposición

D/Dª.... con domicilio en .... concello de .... provincia ...., rúa .... nº ...., teléfono ...., informado da resolución do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña, publicada no Diario Oficial de Galicia de data ...., pola que se autoriza a venda en pública poxa de maquinaria e vehículos da Xunta de Galicia adscritos á Xefatura Provincial de Estradas da Coruña que figuran no anexo I, e estando intersado na adquisición do sinalado como:

-Lote número .... ofrece por el a cantiade de (expresar en cifras e letra) .... pesetas.

Así mesmo, o asinante comprométese a acepta-las bases que conforman o prego de condicións particulares que rexe para a presente poxa e declara non atoparse incurso en ningún dos supostos a que fai referencia o artigo 9, parágrafo segundo, do Real decreto 536/1988.

....., ... de .... de 199 .

DNI .....

Ilmo. Sr. Presidente da Mesa para o Alleamento de Maquinaria e Vehículos.

3671