Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.962

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996 pola que se declaran aprobadas as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para ingreso na escala auxiliar desta universidade, convocadas por Resolución do 13 de febreiro de 1996 (BOE do 12 de marzo).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, este rectorado, en cumprimento na base 4.1º da Resolución do 13 de febreiro de 1996 (BOE do 12 de marzo), pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala auxiliar da universidade da Coruña, resolve declarar aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos. A dita lista figura exposta nos taboleiros de anuncios do rectorado e do vicerrectorado do campus de Ferrol.

De acordo co previsto no parágrafo segundo da referida base, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, para remedia-los defectos que motivasen a súa exclusión.

A Coruña, 30 de abril de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

3586