Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 27 de maio de 1996 Páx. 4.962

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1996 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 1 de marzo de 1996 (DOG do 3 de abril) pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros no anexo I da resolución desta universidade do 1 de marzo de 1996 (DOG do 3 de abril) pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de coropos docentes universitarios, este rectorado, ó amparo do previsto no art. 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número 95/003, onde dí: «Manuel Ángel Meizoso Fernández, profesor titular da Universidade Autónoma de Madrid», debe dicir: «Manuel Ángel Meizoso Fernández, profesor titular da Universidade Politécnica de Madrid».

A Coruña, 26 de abril de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

3665