Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 24 de maio de 1996 Páx. 4.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de abril de 1996 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario.

O Plan de Formación Continuada do Profesorado de Niveis non Universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia persegue, como obxectivos xerais, mellora-la competencia profesional do profesorado, fomenta-la reflexión crítica sobre a súa actividade cotiá e crear actitudes proclives á investigación e á experimentación educativas.

Coa finalidade de facilita-la participación do profesorado en actividades de formación que contribúan á consecución dos obxectivos anteriormente sinalados a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organiza distintas actividades de formación orientadas a conxuga-las necesidades derivadas do propio sistema educativo coas demandas xurdidas do mesmo profesorado.

Non obstante o anterior, a especificidade dalgunhas actividades de formación, ou as características especiais que a súa celebración esixe, desaconsella a súa organización pola propia consellería ou os centros de formación continuada do profesorado dependentes dela sen que iso poida supoñe-la imposibilidade para o profesorado de asistir a este tipo de actividades, e que, de non facilitarse a dita opción suporía discrimina-los profesores afectados por tales circustancias.

É por iso polo que procede establecer un sistema que permita o reintegro, polo menos parcial, dos gastos orixinados pola asistencia a este tipo de actividades de formación do profesorado.

En consecuencia, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Establece-lo procedemento para o reintegro individual de gastos derivados da asistencia a actividades de formación non organizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou os centros de formación continuada do profesorado dela dependentes, que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto do territorio español ou no estranxeiro que comecen e rematen entre os días 1 de xullo e 31 de decembro de 1996, ámbolos dous inclusive. En ningún caso se concederán reintegros para a asistencia a actividades de formación de carácter regulado conducentes á obtención dun título, así como para actividades de formación inherentes a estudios regrados.

Segundo.-Poderán solicita-los devanditos reintegros os profesores de niveis non universitarios, con destino en centros docentes, públicos ou privados

concertados, en equipos psicopedagóxicos de apoio e centros de recursos, así como os asesores técnico-pedagóxicos dependentes desta comunidade e sempre que para a asistencia á mesma actividade non perciban axudas de ningún tipo, e que non recibisen reintegros individuais nas dúas últimas convocatorias (2ª convocatoria de 1995 e 1ª de 1996). Tampouco non se lles concederán reintegros a aqueles profesores que estean desfrutando de licencias por estudios durante o período de celebración da actividade de formación.

Terceiro.-Os reintegros concederanse para actividades de formación, cursos, xornadas, encontros, conferencias, congresos e outras análogas, directamente relacionadas coa disciplina, área, ciclo ou especialidade que imparta o solicitante, e segundo os seguintes tipos e límites que se indican:

Lugar de celebraciónContía máxima

Tipo IComunidade Autónoma de Galicia40.000 ptas.
Tipo IIResto do territorio español75.000 ptas.
Tipo IIIEstranxeiro150.000 ptas.

Cuarto.

4.1. O reintegro concederase de forma individual e a súa contía fixarase tendo en conta o centro en que estea destinado/a o candidato/a no momento de cursa-la instancia, as características da actividade, e lugar de celebración, os gastos de inscrición e a adecuación ó nivel de docencia ou especialización que imparta o solicitante.

4.2. A valoración dos méritos e demais circustancias da solicitude para a concesión de reintegros serán estimadas por unha comisión que estará integrada por:

Presidente: a subdirectora xeral de Ordenación Educativa ou persoa na que delegue.

Vocais: a xefa do Servicio de Formación do Profesorado.

Un funcionario destinado no Servicio de Formación do profesorado.

Un funcionario da Inspección educativa.

Un funcionario desta consellería, adscrito á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, que actuará como secretario.

4.3. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, á vista da proposta da devandita comisión, resolverá a concesión ou denegación do reintegro solicitado.

Quinto.

5.1. Os interesados deberán dirixi-la súa solicitude, segundo o modelo que figura no anexo I da presente orde, á delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da que dependan, directamente ou mediante calquera dos procedementos

establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo menos un mes antes do comezo da actividade para a que solicitan o oportuno reintegro.

5.2. Á solicitude engadiráselle a seguinte documentación:

A) Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a que se solicita o reintegro.

B) Currículum vitae do solicitante.

C) Certificación do director do centro onde se xustifique que o solicitante exerce actualmente nel e na que se especifique a disciplina, área, ciclo ou especialidade que imparte. A dita certificación substituirase por outra expedida polo servicio de inspección correspondente no caso de que o solicitante estea destinado nunha escola unitaria. No caso de profesorado de centros concertados, farase constar explicitamente a condición de centro concertado.

D) Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento exclusivamente. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.

E) Breve explicación dos motivos polos que se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.

F) Declaración xurada de non ter recibido reintegro individual nas dúas últimas convocatorias (2ª convocatoria de 1995 e 1ª de 1996), así como de non estar desfrutando de licencia por estudios durante o período de celebración da actividade de formación.

Sexto.-As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dentro dos 10 días seguintes ó da súa recepción, remitiranlle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros os expedientes de solicitude co seu informe, segundo o modelo que figura no anexo II da presente orde.

Sétimo.-A concesión ou denegación do reintegro seralle notificada directamente ó interesado/a pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

Oitavo.-O aboamento do reintegro tramitarase unha vez que finalice a actividade. Para iso, o interesado/a deberá remitir á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, dentro dos dez días seguintes ó da finzalización da actividade, a seguinte documentación:

a) Breve memoria con informe crítico da actividade desenvolvida.

b) Documento orixinal que justifique o pagamento da matrícula ou inscrición na actividade e que especifique o importe do gasto realizado.

c) Xustificación dos gastos de desprazamento segundo corresponda (billete de avión, de tren ... , factura da axencia, ou declaración xurada de ter realizado o desprazamento en vehículo propio) tal como esta

blece o Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro (DOG do 14). Todo iso en documentos orixinais.

f) Fotocopia debidamente compulsada do certificado de asistencia expedido pola entidade organizadora.

Noveno.-Os reintegros individuais financiaranse con cargo ó concepto 07.03.322S.640.1 do presente exercicio económico, correspondente ós orzamento da Comunidade Autónoma.

Décimo.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenacion Universitaria

3769