Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN da Presidencia.

En cumprimento do disposto nos artigos 204.2º e 208 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio

para a licitación do contrato de prestación dos servicios de limpeza dos edificios e instalacións do Parlamento de Galicia e Valedor do Pobo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: oficialía maior.

c) Número de expediente: 1/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestacións dos servicios de limpeza dos edificios e instalacións do Parlamento de Galicia e Valedor do Pobo.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de execución (meses): 48 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Lote único: limpeza 35.300.000 ptas.

Importe total: 35.300.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2%.

Definitiva: 4%.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG nº 449, do 23 de abril de 1996).

b) Domicilio: c/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: (981) 56 16 00.

e) Telfax: (981) 57 10 41.

f) Datalímite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 6, categoría B.

b) Outros requisitos: os previstos nos artigos 20 e 23 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais trala publicación no DOG do anuncio de licitación.

b) Documentación para presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas (BOPG 449, do 23 de abril de 1996).

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Horreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: día hábil seguinte transcorridos 26 días naturais desde a publicación de licitación no DOG.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

No BOPG nº 449, do 23 de abril de 1996 e nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

3816