Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 23 de maio de 1996 Páx. 4.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación polo sistema de poxa, procedemento aberto, das obras de clave 62212015 e dúas máis.

A Delegación de Agricultura, Gandería e Montes en Pontevedra anuncia a contratación mediante poxa, procedemento aberto, das obras seguintes:

1. Título: rede de camiños de servicio e obras na zona de concentración parcelaria de Carballedo-Rebordelo (Cotobade-Pontevedra).

Clave: 62212015.

Orzamento: 239.241.464 ptas.

Prazo de execución: 28 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta. Definitiva (4%), 9.569.659 ptas.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

2. Título: rede de camiños de servicio e obras da zona de concentración parcelaria de Camanzo (Vila de Cruces-Pontevedra).

Clave: 62259016.

Orzamento: 159.400.078 ptas.

Prazo de execución: 28 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta. Definitiva (4%), 6.376.003 ptas.

Clasificación do contratista: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

3. Título: rede de camiños de servicio e obras da zona de concentración parcelaria de Galegos (Agolada-Pontevedra).

Clave: 62220017.

Orzamento: 50.549.336 ptas.

Prazo de execución: 15 meses.

Fianzas esixidas: provisional, exenta. Definitiva (4%), 2.021.973 ptas.

Clasificación do contratista: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

Documentos de interese para os licitadores: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores, para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos Servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación, sitos na rúa Benito Corbal 47 de Pontevedra.

Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme ó modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados, segundo especifica o prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da delegación, en man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Contratación desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, modificado polo Real decreto 2528/86, no prazo de admisión, que rematará as doce horas do vixésimo sexto día hábil, que non cadre en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación que se reunirá ás dez horas do décimo día hábil que non cadre en sábado, a partir do derradeiro día de presentación de proposicións, nas oficinas desta delegación provincial.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Pagamento do anuncio: o importe da publicación deste anuncio correrá por conta dos respectivos adxudicatarios das mencionadas obras.

Pontevedra, 9 de maio de 1996.

José Luis Diez Yañez

Delegado provincial de Pontevedra

3694