Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/39-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: Variante L.M.T. A Grela-Pasaxe ó seu paso polo campus universitario.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: variante liña de media tensión en dobre circuíto de aéreo a subterráneo denominada A Grela-Ponte Pasaxe (Expte. 9912) o seu paso polo campus universitario, a 15/20 kV e terán as seguintes lonxitudes 570 m e 2.120 m, esta última enlazará tódolos CC.TT. do campus universitario, en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm Al). Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3492