Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/31-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: cambio de tensión 10/20 kV, Boiro-Taragoña-Leiro, 2ª fase.

Situación: Rianxo e Boiro.

Características técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos na parte aérea, baixo tubo a subterránea e con conductor LA-56 e R.H.V 15/20 kV, de 3(1x95) mm Al, de 180 m e de 40 m de lonxitude res

pectivamente, con orixe no apoio nº 38 da liña Boiro-Taragoña (Expte. 34876) e remate en C.T. Ourolo que se vai instalar. Centro de transformación tipo caseta, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Ourolo, unha rede de baixa tensión subterránea baixo tubo conductor de 279 m de lonxitude, en seccións de 150, 95 e 50 mm Al. Liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e baixo tubo, de 393 m e 23 m de lonxitude, nas súas partes aéreas e subterráneas, respectivamente, con orixe no apoio nº 64 da liña Boiro-Rianxo (Expte. 50699) e remate no C.T. Pazo, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo caseta, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV con rede subterránea de 222 m de lonxitude e conductor R.Z. en seccións de 150, 95 e 50 mm Al. Derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 20 m de lonxitude, con orixe en apoio metálico da liña Boiro-Rianxo-Leiro

(Expte. 50699) e remate no C.T. Figueira, que se vai instalar. Centro de transformación aéreo sobre apoio de formigón, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Figueira, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 203 m de lonxitude, en seccións de 95 e 50 mm Al. Instalación de transformadores maiores con tensións de 20/0,380-0,220 kV nos centros de transformación de: Vilariño de 160 kVA aéreo, de 160 kVA en Burato aéreo, de Barranca de 160 kVA aéreo, de 630 kVA en alameda tipo caseta, de 100 kVA en carpintería de Ribeira aéreo, de 400 kVA en Tanxil tipo caseta, de 160 kVA en Franco aéreo, de 160 kVA en Brián tipo caseta, de 50 kVA en Abuín aéreo, de 100 kVA en Leiro aéreo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3565