Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 21 de maio de 1996 Páx. 4.745

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (190/1994).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa.

Fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 190/1994, séguese procedemento executivo letras de cambio, por instancia de Noroeste Ganadero, representado pola procuradora María Jesús Fernández Rial y López contra Salvador Carreira Gómez, domiciliado en Salgueiros Orois (Melide) e María Abad Liñeira domiciliada en Salgueiros Orois (Melide), en reclamación de cantidade, nos autos do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de viente días e prezo da súa valoración os bens embargados no procedemento que ó final do presente edicto se verá polo miúdo:

Os bens saen a licitación por lotes.

A poxa terá lugar o vindeiro día catorce de xuño ás dez horas da mañá, na sala de audiencia deste

xulgado, sito na rúa Lugo nº 45, baixo as condicións seguintes:

1. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2. Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente o vinte por cento do prezo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A., axencia urbana, numero de conta 1510/000) a favor do expediente executivo 190/1994.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a un terceiro.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o xustificante acreditativo de ingreso do importe reseñado no punto nº 2.

5. Para o suposto de que resulte deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día quince de xullo, ás dez horas, nas mesmas condicións que para a primiera, agás o tipo do remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de que resulte deserta a devandita segunda poxa, procederase a unha terceira, sen suxeición a tipo, o día dezaseis de setembro tamén ás dez horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandantes en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa o oito de abril de 1996.

O secretario

Rubricado

Relacións de bens obxecto da poxa.

Cota láctea integrada por 132.265 kg de leite. Estimado o kg de leite en corenta pesetas. O valor total da cota ascende á cantidade de cinco millóns duascentas noventa mil seiscentas pesetas.

2041