A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca os seguintes concursos públicos:
-Expediente 1/1996:
Obxecto: contratación do servicio de limpeza do centro de saúde de Sárdoma.
Orzamento: 4.500.000 ptas. (IVE incluído) por anualidade, rateándose debidamente polos meses de prestación efectiva do servicio.
Prazo de execución: desde 1-7-1996 ata 31-12-1996.
-Expediente 2/1996:
Obxecto: contratación do servicio de limpeza do centro de saúde de Val Miñor.
Orzamento: 3.500.000 ptas. (IVE incluído) por anualidade, rateándose debidamente polos meses de prestación efectiva do servicio.
Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata 31-12-1996.
Fianza provisional: non se esixe.
Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse mediante algúns dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das adminstracións públicas.
Solvencia técnica: calquera dos medios establecidos no artigo 19 da Lei 13/1995.
Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, pode ser solicitada na Xerencia de Atención Primaria-Área Sur, rúa México, 26-1ª planta, 36204 Vigo, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204-Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Documentación que deberán aporta-los licitadores: a documentación persoal e referencias técnicas descritas no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria Área Sur (Vigo) ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Vigo, 12 de abril de 1996.
Alberto García Pazos
Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo
3469