Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 20 de maio de 1996 Páx. 4.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1996, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso do servicio de transporte, tratamento e eliminación dos residuos hospitalarios considerados tóxicos e perigosos pola lei (C.P. 10/1996), da subministración sucesiva de gases medicinais (C.P. 12/1996) e da subministración de guantes estériles e non estériles (C.P. 13/1996).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no apartado f) do artigo 7 da Orde de 15 de setembro de l994 (DOG nº 191, do 3 de outubro) convoca expedientes de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso:

* C.P. 10/1996 do servicio de transporte, tratamento e eliminación dos residuos hospitalarios considerados tóxicos e perigosos pola lei. Orzamento: 4.500.000 (catro millóns cincocentas mil), IVE incluído.

* C.P. 12/1996 da subministración sucesiva de gases medicinais. Orzamento: 18.000.000 (dezaoito millóns), IVE incluído.

* C.P. 13/1996 da subministración de guantes estériles e non estériles. Orzamento: 4.300.000 (catro millóns trescentas mil), IVE incluído.

I. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de l996 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

II. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, Tlfno. (982) 58 99 07 e Fax (982) 58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

III. Admisión de variantes: admítense variantes.

IV. Solvencia económica e financieira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

V. Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

VI. Criterios de adxudicación:

C.P. 10/1996:

Prezo: ata 5 puntos.

Sistema de eliminación de residuos: ata 5 puntos.

Prazo de recollida de residuos: ata 3 puntos.

C.P. 12/1996:

Prezo: ata 6 puntos.

Prazo de entrega: ata 4 puntos.

C.P. 13/1996:

Prezo: ata 5 puntos.

Calidade, tacto, resistencia e axuste: ata 4 puntos.

Prazo de entrega: ata 3 puntos.

VII. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VIII. Clasificación: non se esixe.

IX. Presentación da proposición: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados ou asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

X. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 29 de marzo de l996.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

3381