Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

BASES para a provisión en propiedade dunha praza pertencente á subescala auxiliar da escala de Administración xeral.

1ª. Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é a provisión en propiedade dunha praza pertencente á subescala auxiliar da escala de Administración xeral, vacante no cadro de funcionarios deste concello e incluída na oferta de emprego público de 1996, mediante o procedemento de oposición libre. Esta praza está integrada no grupo D (artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto) e dotada coas retribucións legais correspondentes ó seu grupo e categoría.

2ª. Condicións ou requisitos dos aspirantes.

Para tomar parte nesta oposición será preciso:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder daquela en que falte menos de 10 anos para a xubilación forzosa por idade, determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por defecto físico ou psíquico que imposibilite o normal exercicio das funcións.

e) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

f) Non atoparse incurso nalgún dos casos de incapacidade ou incompatibilidade que sinalen as disposicións vixentes.

Tódolos requisitos enumerados con anterioridade deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservaranse ata a data do nomeamento.

3ª. Solicitudes.

a) Os aspirantes que desexen tomar parte nas probas selectivas farano por medio de solicitude dirixida o alcalde-presidente do concello de Forcarei manifestando reuni-los requisitos na base 2ª.

b) Presentaranse no rexistro xeral do concello ou na maneira que sinala o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, Coa solicitude achegarase unha fotocopia do DNI e o xustificante de te-los dereitos de exame pagados, que foron fixados en tres mil (3.000) pesetas.

4ª. Admisión de aspirantes.

Ó remata-lo prazo de admisión de solicitudes, publicarase no BOP e expoñerase no taboleiro de anuncios da casa do concello resolución aprobatoria da lista provisional de admitidos e excluídos, concedéndose un prazo de quince días para reclamacións, que en caso de habelas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, a cal se fará pública nos mesmos medios que a provisional.

5ª. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará formado polos seguintes membros:

Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional en quen delegue.

Vocais:

-Un funcionario da Comunidade Autónoma designado polo órgano competente da Xunta de Galicia.

-Un funcionario de carreira de nivel igual ou superior ó grupo D, designado poloa lcalde.

-Un técnico lingüista designado polo alcalde.

O tribunal quedará integrado ademais polos suplentes respectivos.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte del cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificándollo á autoridade convocante.

Os aspirantes poderán recusalos cando se dean as circunstancias do artigo 29 da mencioanda lei.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen asistencia, polo menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

6ª. Comezo das probas e exercicios da oposición.

a) Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único; quedarán excluídos os

opositores que non comparezan a realizalo salvo nos casos debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

Para o primeiro exercicio o chamamento publicarase no BOP.

b) A publicación do anuncio de celebración do segundo e sucesivos exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro de anuncios do concello.

c) A selección dos aspirantes farase mediante a realización dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá na realización dun cuestionario tipo test referido ó temario que figura no programa anexo a esta convocatoria. O tempo será dunha hora (máximo).

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.

Consistirá en escribir á máquina durante 30 minutos (máximo) un suposto práctico proposto polo tribunal. Valorarase a rapidez, terminación, limpeza, presentación, redacción, etc. O exercicio realizarase, obrigatoriamente, con máquina de escribir manual, debendo os aspirantes acudir provistos dela.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en utiliza-lo ordenador e manexar un ou varios dos programas seguintes: tratamento de textos, bases de datos, folla de cálculo, sistema operativo MS-DOS.

Será o tribunal o que sinale o programa ou programas que se utilizarán (sendo estes entre os máis coñecidos do mercado) e as tarefas que se realizarán en cada programa.

O tempo máximo para o desenvolvemento deste exercicio será de 45 minutos.

Cuarto exercicio: de carácter obrigatorio.

Consistirá na traducción directa para o idioma galego, sen axuda do diccionario, dun texto en castelán e á inversa, na traducción dun texto do galego para o castelán. O tempo será dunha hora.

7ª. Cualificación dos exercicios.

Os catro exercicios serán cualificados ata un máximo de dez (10) puntos en cada un deles, sendo necesario para aprobar un mínimo de cinco (5) puntos para cada un deles.

As cualificacións faranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número de compoñentes.

A puntuación final será a suma das cualificacións obtidas nos catro exercicios da oposición.

8ª. Lista de aprobados.

Rematado cada un dos exercicios da oposición, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios a lista de aprobados coa puntuación obtida.

Rematada a oposición, o tribunal publicará a relación de aprobados, non podendo superar estes o número de prazas convocadas.

9ª. Proposta de nomeamento.

O tribunal, se é o caso, formulará proposta de nomeamento para ocupa-la praza como funcionario de carreira a favor do aspirante que obteña maior puntuación total, e elevará esta proposta o alcalde-presidente deste concello para que efectúe o nomeamento.

10ª. Presentación de documentos.

Feita pública a relación definitiva de aprobados estes deberán presentar, no prazo de vinte días naturais, a documentación a que alude a base 2ª da convocatoria, é dicir:

a) Certificación en extracto da acta de nacemento, expedida polo rexistro civil correspondente.

b) Fotocopia compulsada do título de graduado escolar, formación profesional ou equivalente.

c) Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función.

d) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os que teñan a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamneto, debendo presenta-la certificación do ministerio ou organismo de que dependan para azcreditar tal condición.

Se dentro do prazo indicado, salvo nos casos de forza maior, o opositor non presentara a documentación oportuna, deducirase que carece dos requisitos esixidos na base 2ª, non poderá ser nomeado funcionario e quedarán anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puideran incorrer por falsidade na solicitude de tomar parte na oposición.

11ª. Toma de posesión.

A toma de posesión do opositor nomeado efectuarase no prazo de vinte días naturais, contados desde a data na que se lle faga a notificación do nomeamento, e se non toma posesión nese prazo, sen causa xustificada, quedará na situación de cesante.

12ª. Incidencias.

A convocatoria e as súas bases e cantos actos administrativos deriven destas e da actuación do tribunal poderán ser impugnados polos interesados nos casos, termos e forma previstos pola Lei de procedemento administrativo.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se susciten e toma-los acordos necesarios para a boa marcha da oposición.

En todo o non previsto nestas bases, rexerán como supletorias a Lei 7/1985, do 2 de abril, o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e o Real decreto 346/1995, do 10 de marzo.

Programa do primeiro exercicio.

I Tema 1. A Constitución española de 1978: significado e estructura. Principios xerais. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Defensor do Pobo.

Tema 3. A Coroa. As atribucións de El Rei. Sucesión, rexencia e titoría. O poder lexislativo: composición das Cortes Xerais, atribucións e funcionamento.

Tema 4. O poder executivo: presidente, ministros e Consello de Ministros.

Tema 5. O poder xudicial: organización xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial.

Tema 6. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. Constitución e competencias. O Estatuto de autonomía de Galicia. A Administración local.

Tema 7. O Dereito administrativo. Concepto. Fontes do dereito administrativo. Principios de actuación da Administración pública. Sometemento da Administración á lei e ó dereito.

Tema 8. O acto administrativo: concepto. Clases e elementos. O procedemento administrativo común: principios xerais. Os interesados. Competencia. Obriga de resolver e actos presuntos.

Tema 9. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción, terminación e execución. Comunicacións e notificacións.

Tema 10. O administrado: concepto e clases. A capacidade do administrado e as súas causas modificativas. Actos xurídicos do administrado. Peticións e solicitudes. Colaboración e participación dos cidadáns na Administración.

Tema 11. Formas de acción administrativa. Fomento. Policia. Servicio público.

Tema 12. A responsabilidade da Administración.

Tema 13. O dominio público. O patrimonio privado da Administración.

II

Tema 1. A Administración local. Concepto e entidades que comprende. O réxime local español. Regulación xurídica.

Tema 2. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias. O presidente da deputación provincial. Os vicepresidentes. O pleno da deputación. A comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 3. O municipio: concepto e elementos. Organización municipal. Competencias.

Tema 4. O alcalde: elección, deberes e atribucións. O pleno do concello. A comisión de goberno. As comisións informativas.

Tema 5. Outras entidades locales. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores.

Tema 6. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 7. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións de acordos.

Tema 8. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións. Arquivo de documentos.

Tema 9. Os bens das entidades locais. O dominio público. Os bens patrimoniais.

Tema 10. Os contratos administrativos na esfera local. Concepto, regulación e réxime xurídico. Elementos. A selección do contratista. Incumprimento dos contratos.

Tema 11. Intervención administrativa local na actividade privada. Medios de intervención. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 12. A función pública local e a súa organización. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Dereito de sindicación. Seguridade Social.

Tema 13. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Os orzamentos locais. Concepto. Estructura e control do gasto local.

Tema 14. Concepto de informática. Partes dun ordenador. Clasificación de ordenadores. A unidade central de proceso de datos. As memorias e periféricos de entrada e saída.

Tema 15. Tratamento de textos, bases de datos, follas de cálculo.

Tema 16. O sistema operativo MS-DOS. Almacenamento da información. Ficheiros, rexistro, campos, organización de ficheiros. Directorios e medidas de información.

Forcarei, 9 de abril de 1996.

Manuel Brea Porto

Alcalde

3707