Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público 21/1996 para a contratación da subministración de sondas, toalletas e sistemas de infusión para bombas no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e ordinario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG 3-10) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público nº 21/1996, para a contratación da subministración de sondas, toalletas e sistema de infusión para bombas no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela mediante procedemento aberto e ordinario.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36, fax: (981) 53 12 55.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: subministración de sondas, toalletas e sistema de infusión para bombas no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

3. a) Lugar de entrega: almacén do Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar.

Lote nº 1: sonda aspiración bronquial.

Cantidade mínima: 31.000 unidades.

Orzamento: 12.927.000 ptas.

Lote nº 2: toalleta para lavado de enfermos.

Cantidade mínima: 1.325.000 unidades.

Orzamento: 8.745.000 ptas.

Lote nº 3: sistema de infusión para bombas.

Cantidade mínima: 28.000 unidades.

Orzamento: 25.480.000 ptas.

c) Licitación (á totalidade ou a un ou varios lotes): as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

4. Prazo de entrega evetualmente imposto: o prazo máximo de entrega de cada unha das sucesivas subministracións fíxase en 15 días desde a recepción do Servicio de Subministracións, salvo que nas ofertas das firmas adxudicatarias se especifique un período de entrega menor.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 14 de xuño.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 21 de xuño.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o que figura no apartado 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 2 de xullo.

8. Garantías esixidas.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación

Fianza definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 9.2.9) e 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades básicas de financiamento de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase segundo entregas do material, segundo establece o apartado 11 da folla de especificación.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empesarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o provedor: as condicións que se establecen na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

14. Variantes: pódense presentar variantes así como melloras sobre as características mínimas establecidas no prego de prescricións técnicas.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio e información previa.

17. Data de envío do anuncio: 30 de abril.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

2850