Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.660

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de mayo de 1996 pola que se anuncia a relación definitiva de admitidos no proceso selectivo para a cobertura de xeito interino dun posto de traballo do corpo facultativo superior, especialidade de enxeñería de telecomunicacións (grupo A), vacante na Consellería de Industria e Comercio e convocado por Orde do 4 de marzo de 1996 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, así como a data de realización do primeiro exercicio das probas maila composición do tribunal que as xulgará.

De conformidade co previsto nas bases sexta e sétima da Orde do 4 de marzo de 1996 (DOG nº 54, do 15 de marzo), esta consellería anuncia a publicación da lista definitiva de admitidos ó proceso selectivo para a cobertura de xeito interino dun posto de traballo do corpo facultativo superior, especialidade de enxeñeiros de telecomunicacións, vacante na devandita consellería, así como o lugar, día e hora de celebración do primeiro exercicio das probas selectivas e a composición do tribunal encargado

de xulga-lo dito proceso que foi nomeado por resolución desta consellería de Industria e Comercio do 2 de abril de 1996.

A relación definitiva das persoas admitidas ó proceso selectivo de referencia é a que a continuación se relaciona:

Apelidos e nomeDNI

Carrera Pérez, Ángel36.076.083

Espiño Varela, Xesús Xosé33.276.327

Franco Tubío, Javier32.774.254

Suárez Vila, Ignacio33.273.545

Polo que respecta á celebración do primeiro exercicio das probas, selectivas, este realizarase o próximo día 22 de maio de 1996, ás 17.30 horas, nas dependencias da Consellería de Industria e Comercio (edificio administrativo de San Caetano, nº 5-4º. Santiago de Compostela).

O tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo foi nomeado por resolución do conselleiro de Industria e Comerco do 2 de abril de 1996, de conformidade co preceptuado na base sétima da orde de convocatoria citada.

A súa composición é a seguinte:

Presidente: Manuel Barreiro Barbeito, secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Vocais: Ramón Fernández-Linares Bouza, subdirector xeral de Industria e Medio Ambiente.

María del Mar Pousa Cobas, xefa do Servicio de Réxime Xurídico e Recursos da Dirección Xeral da Función Pública, quen actuará en representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Carlos Gómez-Ibarlucea Sempere, funcionario de carreira do grupo A (enxeñeiro agrónomo), que actuará en representación das centrais sindicais presentes na mesa sectorial dos funcionarios.

Secretario: Juan Carlos Argüello Fernández, xefe da Sección de Xestión de Persoal na Consellería de Industria e Comercio.

Os membros suplentes do dito tribunal serán os seguintes:

Presiente: Ángel Bernardo Tahoces, subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Presupostario na Consellería de Industria e Comercio.

Vocais: Ramón Ordás Badía, subdirector xeral de Enerxía e Minas, na Dirección Xeral de Industria de la Consellería de Industria e Comercio.

Ramón del Valle López, técnico superior de Administración xeral na Dirección Xeral da Función Pública, quen actuará en representación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

José Viocente Echevarría González, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral, que actuará en representación das organizacións sindicais presentes na mesa sectorial dos funcionarios.

Secretario: Antonio Rodríguez Álvarez, xefe do Servicio de Xestión Económica e de Persoal na Consellería de Industria e Comercio.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

9603504