Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 16 de maio de 1996 Páx. 4.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 165/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o cambio de capitalidade do municipio de Mazaricos e se fixa na localidade da Picota.

A capitalidade do municipio de Mazaricos fixouse no ano 1930 en Atán, parroquia de Mazaricos; sen embargo, desde o ano 1955, a Casa do Concello e as oficinas municipais atópanse na entidade da Picota, da mesma parroquia.

Ante a maior facilidade de comunicacións, o maior número de habitantes, a importancia económica e os beneficios notorios que ós veciños do termo municipal lles reportaría o cambio de capitalidade do municipio, o Concello de Mazaricos, en sesión plenaria do día 10 de marzo de 1992, adoptou o acordo relativo a inicia-lo correspondente expediente de cambio e fixación de capitalidade.

O expediente foi exposto ó público por un prazo de trinta días para efectos de reclamacións, e non se presentou ningunha alegación, segundo certificación expedida polo secretario xeral do concello de data 14 de xuño de 1994.

Foron solicitados informes tanto á Deputación Provincial da Coruña como á Real Sociedade Xeográfica.

A maior facilidade de comunicacións, o maior número de habitantes, a importancia económica e os beneficios notorios que ós veciños do termo municipal lles reportaría o cambio de capitalidade apa

recen expresamente recollidos no artigo 27.1 b), d) e e) do Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, como motivos suficientes cada un de eles para fundamenta-lo cambio de capitalidade.

Correspóndelle á Xunta de Galicia a competencia para aproba-la alteración da capitalidade dos municipios, de conformidade co disposto no artigo 1.2º.3 do Real decreto 1014/1979, do 13 de febreiro, artigo 11.1º do Real derecto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e artigo 26.1º do Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de maio de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Por proposta do Concello de Mazaricos, apróbase o cambio de capitalidade do municipio fixándoa na localidade da Picota, na parroquia de Mazaricos.

Santiago de Compostela, dous de maio de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

3683