Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN da Alcaldía-Presidencia do Concello da Coruña, pola que se anuncia concurso para a subministración de sete motocicletas Honda CB 500.

Obxecto: subministración de sete motocicletas Honda CB 500 con destino á Policía Local (Ref. S96/59).

Tipo de licitación: 6.250.000 pesetas, IVE incluído.

Garantías: provisional: 125.000 pesetas; definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ós eguinte modelo:

Don..., veciño de..., con domiclio en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para a subministración de sete motocicletas Honda CB 500 con destino á Policía Local, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición para optar á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicaicón do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará éste automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderase examinar e retirar copia no Negociado de Subministración e Compras, 2ª planta do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 29 de abril de 1996.

Rubricado

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

9603653