Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN da Alcaldía-Presidencia do Concello da Coruña, pola que se anuncia concurso para a subministración dun vehículo todoterreo Opel Frontera 2.8 TDI.

Obxecto: subministración dun vehículo todoterreo Opel Frontera 2.8 TDI 5 p. con destino á Policía Local (Ref. S96/48).

Tipo de licitación: 3.500.000 pesetas, IVE incluído.

Garantías: provisional: 70.000 pesetas; definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ós eguinte modelo:

Don..., veciño de..., con domiclio en..., provisto de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado do anuncio de concurso para a subministración dun vehículo todoterreo Opel Frontera 2.8 TD5p, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición para optar á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicaicón do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará éste automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderase examinar e retirar copia no Negociado de Subministración e Compras, 2ª planta do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 29 de abril de 1996.

Rubricado

3664