Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 15 de maio de 1996 Páx. 4.650

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de maio de 1996 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, por Orde do 15 de marzo de 1996 (DOG nº 66, do 2 de abril), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 15 de marzo de 1996 (DOG nº 66, do 2 de abril).

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de mayo de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

-Apelidos e nome: Carreiras Souto, Constantino.

NRP: 3385450935 A2060.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 30.

Corpo ou clase: superior da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: subdirector xeral de Contratación e Xestión Económica.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Apelidos e nome: Brañas Tato, Pedro Manuel

NRP: 35546784.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 30.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia, clase de licenciado en Medicina e Cirurxía.

Posto de traballo: subdirector xeral de Asistencia Sanitaria en Atención Primaria.

Dependencia: Dirección Xeral de Atención Primaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Apelidos e nome: Freite Benito, Francisco.

NRP: 33225476.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 30.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia, clase de licenciado en Medicina e Cirurxía.

Posto de traballo: subdirector xeral de Ordenación e Xestión en Atención Primaria.

Dependencia: Dirección Xeral de Atención Primaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Patiño Patón, Francisco Javier.

NRP: 563528702 A2051.

Grupo: B.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: xestión de Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: Servicio de Selección e Provisión de Persoal.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

3472