Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de caza 95/0013/1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoal que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82 do 6-4-1970), e do seu regulamento aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76 do 30-3-1971, corrección de

erros nº 112 do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguiente ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de costrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 10 de abril de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

Expediente: C-95/0013/1

Denunciado: José M. Corral González.

DNI: 33.267.684

Último enderezo coñecido: Ponte Pereda-Conxo 15706 Santiago de Compostela.

Feito denunciado: cazar en terreos de réxime cinexético especial sen permiso.

Tipificación, Regulamento incendios:

Artigo: 48.1º.8

Cualificación: grave.

Sanción multa: 5.000

96-3363