Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública, o proxecto de minicentral da Veiga de Logares, no río Logares, concello da Fonsagrada (Lugo), promovida por Hidroeléctrica de Lugo, S.L.

O artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro) , dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proyecto de minicentral da Veiga de Logares, no río Logares, concello da Fonsagrada (Lugo), promovida por Hidroeléctrica de Lugo S.L.

2.-A los referidos efectos informativos, poñeranse a disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial do Medio Ambiente) da provincia de Lugo

* Concello da Fonsagrada

3.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días

4.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

96-3362