Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.583

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN de 15 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Grupo Cruzcampo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Grupo Cruzcampo, S.A., que rivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 4-1-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 2-10-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de febreiro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Grupo Cruzcampo, S.A., Mos.

Convenio colectivo 1994

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo afectarán a todo o persoal que preste os seus servicios na empresa Grupo Cruzcampo, S.A., no seu centro de traballo de Mos.

Queda exceptuado da aplicación do presente convenio o persoal que, por desempeñar funcións de mando ou pola natureza do seu traballo, acordase a súa retribución coa empresa á marxe das táboas salariais que figuran nel.

Quedan tamén exceptuados do presente convenio aqueles axentes mediadores ou figuras análogas que manteñan unha relación mercantil ou laboral especial; recollida esta última no artigo 2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio estenderase do 1 de xaneiro de 1994 ó 31 de decembro de 1994.

Non obstante, rexerá este convenio durante o período transitorio ata a sinatura do seguinte.

Entenderase prorrogado de ano en ano, se ningunha das partes que o subscriben formulan denuncia un mes antes, como mínimo, de que conclúa a súa vixencia ou, se é o caso, calquera das súas prórrogas.

A denuncia poderá ser feita polos representantes sociais ou económicos comunicándollo á autoridade laboral e á outra parte.

Artigo 3º

Os efectos de aplicación do convenio e condicións pactadas nela forman un todo indivisible e será considerado globalmente.

Tódalas percepcións sinaladas no presente convenio referiranse á xornada completa. Os traballadores que presten os seus servicios durante unha horario inferior ó da xornada normal percibirán os

seus salarios e complementos salariais en proporción ó tempo traballado.

Artigo 4º.-Comisión mixta.

Para a interpretación deste convenio e con carácter previo e ineludible á formulación de calquera cuestión litixiosa que se derive da referida interpretación ó cumprimento do presente convenio, e de acordo co establecido nas normas vixentes, créase unha comisión paritaria, que estará integrada por catro vocais, dous como representantes dos traballadores e dous en representación da empresa.

Esta comisión estará integrada polos seguintes:

-En representación da sección social:

Mª Fernanda Martínez Cordero

Francisco García Lago

Poderán asistir ás reunións da comisión paritaria, con voz e sen voto, asesor de ámbalas partes.

As reunións deberán ser obrigatoriamente celebradas dentro do prazo de quince días, cando o solicitase calquera membro dunha das partes.

Capítulo II

Disposicións económicas

Artigo 5º.-Conceptos que integran a retribución.

As percepcións económicas dos traballadores que prestan os seus servicios na empresa afectada polo presente convenio estarán integradas polos seguintes conceptos:

-Percepcións salariais:

1. Salario base.

2. Complementos persoais.

2.1. Antigüidade.

2.2. Premios á antigüidade.

2.3. Condicións particulares, se as houber.

2.4. Plus de convenio.

3. Complemento do posto de traballo.

3.1. Plus de traballo nocturno.

3.2. Plus de actividade para as seccións de mantemento grupo barril e persoal de almacén.

4. Complementos por calidade ou cantidade de traballo.

4.1. Horas extraordinarias.

4.2. Retribución de festivos traballados.

4.3. Primas ou incentivos en xeral.

4.4. Remuneración por traballos de categoría laboral superior.

5. Complementos de vencemento periódico superior ó mes.

5.1. Gratificacións extraordinarias regulamentarias.

5.2. Gratificación extraordinarias especiais.

-Percepcións non salariais:

6. Axuda por incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade e accidente, sexa ou non laboral, e complemento por vacacións.

Artigo 6º.-Salario base.

Enténdese por tal o que para cada categoría profesional se determina na columna correspondente do anexo I do presente convenio.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores fixos desfrutarán dun aumento periódico nos seus haberes, consistente no 5% por cada bienio, aplicado única e exclusivamente sobre o salario base que en cada momento lle corresponda ó traballador pola categoría laboral que ostente, segundo o mesmo tratamento que veu sendo tradicional.

Artigo 8º.-Plus de traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, agás que o salario base se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, aboaranse cun incremento do 25% sobre o salario base, antigüidade e plus de convenio.

Quen no período indicado traballe por tempo inferior ou igual a catro horas percibirá este plus tamén unicamente sobre as horas traballadas. Se o tempo traballado no período entre as dez da noite e as seis da mañá excedese de catro horas, percibirase por todo o período indicado polo total da xornada realizada.

Artigo 9º.-Plus de convenio.

Enténdese por tal o que para cada categoría profesional se determina na columna correspondente do anexo I do presente convenio.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

Considéranse horas extraordinarias as que excedan en cada xornada do horario normal.

O importe delas calcularase formando o dividendo coa suma dos seguintes conceptos: salario base, antigüidade, plus de convenio, pagas extraordinarias e especiais, e plus de nocturnidade; e, como divisor, o número de horas efectivas anuais no centro de traballo. Ó dito importe aplicaráselle o incremento do 75%.

Serán estructurais todas aquelas horas que non superen os límites legais establecidos e non poden ser substituídas por contratacións temporais previstas na lexislación vixente.

Non se terán en conta para os efectos de duración da xornada ordinaria nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias as autorizadas, as que se realicen obrigatoriamente con motivo das situacións que menciona o artigo 35.3º do Estatuto dos traballadores, sen prexuízo do seu aboamento como horas extraordinarias.

O/Os delegados de persoal coñecerán mensualmente as horas extraordinarias realizadas no centro de traballo, desagregadas por seccións, especificando a súa natureza.

Artigo 11º.-Sistema de incentivos.

1. Prima de productividade para o grupo obreiro.

O importe mensual por categoría para 1994 desta prima é o recollido no anexo II.

As ditas cantidades mensuais sufrirán detraccións proporcionais ás horas de ausencia de traballo, excepto as causadas polo desfrute de vacacións e por accidente laboral.

As detraccións efectuaranse con carácter trimestral, nos meses de marzo, xuño, setembro e decembro, agás se o importe da detracción que se efectúe fose superior ó 50% da contía mensual; neste caso efectuarase mensualmente.

2. Prima de productividade para o persoal do grupo administrativo

O importe mensual por categoría para 1994 é o recollido no anexo II.

Efectuaranse detraccións desta prima, sobre as cantidades do anexo II, segundo o recollido no artigo 11.1º parágrafos segundo e terceiro.

Artigo 12º.-Domingos e festivos.

Cando por necesidade de producción ou venda, e por solicitude da empresa, se acceda voluntariamente a traballar en domingo ou festivos, con día de descanso compensatorio, percibirase a retribución normal correspondente ó día traballado, máis outro xornal.

Se nas circunstancias previstas polo artigo 47 do R.d. 2001/1983, non se desfrutase do descanso compensatorio, aboaranse 7.500 ptas.

Enténdese por retribución normal o salario base, plus de antigüidade e plus de convenio.

Artigo 13º.-Traballo de categoría laboral superior.

O traballador que, durante catro meses continuos ou oito discontinuos de dous anos, realice traballos de superior categoría será ascendido automaticamente á dita categoría.

Exceptúase do disposto anteriormente, se a realización do dito traballo de categoría superior se debese á incapacidade laboral transitoria do titular; neste caso só se terá dereito ó cobramento da diferencia do salario e sempre que o substituído se incorpore ó seu anterior posto de traballo.

Artigo 14º.-Pagas extraordinarias regulamentarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio colectivo desfrutará das seguintes pagas extraordinarias regulamentarias:

-Administrativos, comerciais e subalternos, unha mensualidade do 10 ó 15 de xullo e outra mensualidade do 10 ó 15 de decembro.

-Obreiros, dúas pagas nas mesmas datas anteriores, de trinta días cada unha.

Para o cálculo destas pagas contarase o salario base, a antigüidade e o plus de convenio.

Para ter dereito a percibi-lo importe íntegro das pagas de xullo e decembro, cumprirá estar ó servicio da empresa con seis meses de antelación á data de pagamento de cada unha delas, ó se devenga-la primeira de xaneiro a xullo e a segunda de xullo a decembro.

En caso de non estar presente a totalidade do período de devengo, ratearase por sextas partes, contándose por meses completos a fracción residual inferior a trinta días, agás para aquel persoal que non leve polo menos dous meses completos de alta na empresa; neste caso o rateo realizarase proporcionalmente ó número de días efectivamente traballados.

Artigo 15º.-Pagas especiais.

1. Pagas especiais de abril e setembro.

Percibiranse nas primeiras quincenas dos meses de abril e setembro.

O cálculo do importe para cada unha destas pagas efectuarase segundo o mesmo criterio que para as pagas regulamentarias (artigo 14º).

2. Paga de outubro.

Como contraprestación ás xornadas especiais que implican traballo en sábados e que se determinan no artigo 19º, todo o persoal de cadro, agás soldos contratados, percibirá unha gratificación extraordinaria de 102.857 pts., que se aboará na primeira quincena de outubro, e en proporción ós sábados traballados dentro dos establecidos como obrigatorios. Exceptuarase o aspecto de proporcionalidade para os casos de non prestación do traballo por causa de accidente laboral.

Artigo 16º.-Axuda por incapacidade laboral transitoria.

Todo traballador afectado polo presente convenio, cando se atope en situación de incapacidade laboral transitoria debida a enfermidade e accidente non laboral, percibirá a partir do cuarto día da data de baixa un complemento diario á contía que se indica a seguir:

* Administrativos e comerciais.

Titulado grao superior: 691 ptas.

Titulado grao medio: 580 ptas.

Xefe de 1ª: 525 ptas.

Xefe de 2ª: 455 ptas.

Oficial de 1ª: 415 ptas.

Oficial de 2ª: 360 ptas.

Auxiliar: 304 ptas.

Inspector de 1ª: 428 ptas.

Inspector de 2ª: 387 ptas.

* Subalternos.

Subalterno de 1ª xefe de equipo: 360 ptas.

Subalterno de 1ª: 331 ptas.

Subalterno de 2ª: 304 ptas.

* Obreiros.

Oficial de 1ª xefe de equipo: 415 ptas.

Oficial de 1ª: 360 ptas.

Oficial de 2ª: 275 ptas.

Axudante: 250 ptas.

Auxiliar de 1ª: 231 ptas.

Auxiliar de 2ª: 221 ptas.

En caso de que por disposición legal se reducise a porcentaxe que actualmente aboa a Seguridade Social, como subsidio por incapacidade laboral transitoria, reunirase a comisión paritaria para acorda-la revisión das contías indicadas, que en todo caso significarían, como mínimo, un incremento do 50% da reducción efectuada na porcentaxe do subsidio.

Sen prexuízo do anterior percibirase o 50% do salario base, antigüidade e plus de convenio durante os tres primeiros días correspondentes á primeira enfermidade ou accidente non laboral.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidades da industria e por orde da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impida comer ou pasa-la noite no seu domicilio percibirán desde o 1 de febreiro de 1994 as seguintes cantidades:

XantarCeaAloxam. e Almor.

Xefes de 2ª 2.2401.710 3.800

Responsables de venda1.875 1.680 3.065

Choferes e mecánicos 1.410 1.260 2.755

Artigo 18º.-Quilometraxe en vehículo propio.

O seu importante calcularase segundo a seguinte fórmula:

Valor combustible gasolina súper x 0,27 = pesetas/Quilómetro.

Trimestralmente farase unha revisión ó importe obtido na anterior fórmula.

Artigo 19º.-Xornada laboral.

A xornada laboral efectuarase de luns a venres, con 40 horas de presencia, 38,75 horas de traballo efectivo e 15 minutos diarios de descanso.

Independentemente do exposto, e como xornada especial, todo o persoal traballará 6 horas efectivas por quenda, doce sábados comprendidos entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Comprometido igualmente o persoal de Administración á citada xornada especial, poderá sen embargo trasladar tres dos ditos sábados a épocas que se estimen máis aptas para a realización do seu traballo e en razón á natureza del.

Artigo 20º.-Plus de actividade.

Baixo a denominación xenérica de plus de actividade, percibirase como complemento de posto de traballo:

a) O plus de dispoñibilidade dos mecánicos de grupos, que vén compensa-las posibles prolonga

cións de xornada deste persoal; a súa contía queda reflectida por categoría no anexo III.

b) O plus de dispoñibilidade de persoal de almacén, que vén compensa-lo cumprimento da organización de quendas, recollida no anexo IV, e as posibles prolongacións de xornada deste persoal; a súa contía mensual queda reflectida por categoría no anexo III.

Artigo 21º.-Exclusións da xornada normal de traballo.

1. No caso dos traballadores con actividades consistentes en poñer en marcha ó peche o traballo dos demais, haberá que aterse ó disposto nas vixentes disposicións sobre xornada.

2. Os inspectores comerciais (venda e reparto), mentres estean adscritos a estes servicios, quedarán exceptuados do réxime de xornada normal, en virtude das compensacións económicas pactadas coa empresa e denominadas comisións e premios por cumprimento de obxectivos co que entre outros conceptos se compensan as categorías propias dos servicios desta categoría.

Artigo 22º.-Vacacións.

A) Dereito a vacacións.

Tódolos traballadores se distinción de grupo ou categoría profesional terán dereito a desfrutar anualmente un período de vacacións retribuídas de vintetrés días laborables.

Para adquiri-lo dereito de desfrute deberá terse traballado durante un ano na empresa. En caso contrario, desfrutarase en proporción ó tempo traballado. A incapacidade laboral transitoria non privará do dereito ó desfrute das vacacións agás que caducase por transcurso do ano.

Os traballadores terán dereito ó desfrute de cinco días de permiso anuais con cargo ás súas vacacións para realizar xestións particulares, condicionándose a súa concesión ós seguintes requisitos:

1. Solicitar, con antelación de corenta e oito horas, polo menos, expresando a causa dela. A dirección poderá esixi-la xustificación do motivo alegado.

2. Que non exista coincidencia de solicitudes dunha mesma unidade que obrigase a empresa á contratación de persoal para cubri-las ausencias ou a realización de horas extraordinarias.

No non previsto no presente apartado, haberá que aterse ó disposto polo Estatuto dos traballadores.

B) Retribución de vacacións.

A retribución salarial das vacacións estará constituída polo salario base, antigüidade, plus de convenio, e a prima de productividade correspondente ó mes en que se desfruten.

C) Bolsa de vacacións.

En concepto de bolsa de vacacións aboaránselle 15.000 ptas. a quen as desfrute na súa totalidade fóra dos meses de xuño a setembro, ambos inclusive.

Salvo acordo en contrario o pagamento efectuarase ó inicia-las vacacións.

Artigo 23º.-Licencias con soldo.

1. No caso de falecemento de pais, pais políticos, avós, fillos, fillos políticos, netos, netos políticos, cónxuxes, irmáns ou irmáns políticos, ou enfermidade grave deles e parto da muller, concederáselle ó persoal fixo permisos remunerados de tres días naturais se calquera das causas antes citadas se producen na localidade onde resida o traballador, e de cinco días naturais se se produce fóra desta.

2. En caso de falecemento de tíos e sobriños, o permiso será dun ou dous días respectivamente, de acordo co indicado anteriormente.

3. Cando o traballador contraia matrimonio desfrutará dun permiso remunerado de quince días naturais consecutivos.

4. Concederase un día por traslado de domicilio.

5. O día da primeira comuñón e o matrimonio dos fillos, netos e irmáns, desde as cero ata as vintecatro horas, serán de permiso remunerado.

6. Cando os traballadores deban cumprir algún deber de carácter público imposto pola lei ou disposición administrativa, concederase permiso con soldo polo tempo necesario. En calquera dos casos deberá xustificarse documentalmente a necesidade do permiso.

Artigo 24º.-Plus de locomoción.

O plus de locomoción que percibe todo o persoal, agás soldos contratados, queda fixado para 1994 en 435,75 ptas. por día efectivamente traballado.

Capítulo III

Ingresos, vacantes e ascensos

Artigo 25º.-Ingresos.

Para ingresar na empresa será necesario, á parte do que se dispón nas leis vixentes en materia de contratación, cumpri-los seguintes requisitos:

a) Solicita-lo ingreso mediante formulario establecido ó respecto.

b) Someterse a exame médico e probas psicotécnicas ou profesionais que a empresa considere conveniente, de acordo coa categoría e clase de traballo que se vai desempeñar.

c) Presenta-los documentos requiridos pola empresa, unha vez superadas satisfactoriamente tódalas probas.

Para aquelas categorías ou postos que se cubran con persoal de novo ingreso e sempre que se cumpran as esixencias legais e os requisitos necesarios, terán preferencia en igualdade de condicións de aptitude os fillos do persoal en activo, xubilado ou falecido.

O/Os delegados de persoal serán informados dos ingresos que se vaian producir.

Artigo 26º.-Ascensos.

Os ascensos produciranse en razón da capacidade do traballador para desempeña-lo novo posto de traballo, e por iso sempre mediante proba, de conformidade co establecido no Regulamento de réxime interior e na ordenanza laboral. Non obstante recoñécense as seguintes excepcións:

1. Todo traballador fixo que ostente a categoría de auxiliar 2º obreiro, transcorridos catro anos, pasará á de auxiliar 1ª obreiro, sen prexuízo de seguir efectuando as funcións que viñese realizando na categoría e sen ocupar praza dentro dos postos fixados no cadro de persoal para a dita categoría. Quedan exceptuados aqueles traballadores que renunciasen voluntariamente a categorías superiores á que ostentan.

2. Os auxiliares administrativos e técnicos, transcorridos cinco anos na categoría, ascenderán á superior.

3. Os carreteiros con máis de cinco anos continuos neste posto de traballo, en posesión da categoría de axudante, pasarán á categoría de oficial de 2ª.

4. Transcorridos cinco anos de permanencia na categoría de auxiliar de 1ª, ascenderase á de axudante.

5. O traballador que permanecese durante quince anos como fixo nunha das categorías que a seguir se expresan, ascenderá á categoría inmediata superior, con iguais condicións cás expresadas no apartado primeiro:

-Grupos de técnicos e administrativos: oficial de 2ª.

-Grupo comercial: inspectores de 2ª.

-Grupo obreiro: oficial de 2ª axudante.

-Grupo subalterno: subalterno de 2ª.

Nos supostos anteriormente expostos, nos que se produce ascenso de categoría por transcurso do tempo no posto de traballo, será requisito previo o informe favorable dos xefes de servicio a que o productor pertenza, do dos delegados de persoal e conseguinte proposta favorable do director do centro á dirección da empresa.

Deste requisito quedarán exentos os supostos recollidos nos apartados primeiro e quinto.

Artigo 27º.-Pensión a fillos minusválidos.

A empresa comprométese a mante-la súa contribución á Mutualidade de Previsión Social para Axuda a Minusválidos que garanta a percepción polos beneficiarios minusválidos dunha pensión vitalicia anual de 144.000 ptas. en caso de morte ou incapacidade de mutualista asociado (traballador).

O compromiso da empresa enténdese mentres o traballador forme parte do seu cadro de persoal e durante o tempo en que permaneza en situación de xubilado.

Para ter dereito deberá solicitarllo formalmente á empresa e esta mandaralle xustificante de recep

ción, e non terá efectividade ata que a mutualidade acepte a solicitude.

Perderase por traballar por conta allea, contraer matrimonio ou pasar a depender doutras persoas ou institucións.

Artigo 28º.-Axuda para fillos minusválidos.

Establécese unha axuda de 14.000 ptas. mensuais para cada fillo minusválido ou diminuído fisicamente.

Para a percepción desta axuda será preciso presenta-los xustificantes necesarios do percibo da pensión correspondente da Seguridade Social.

Artigo 29º.-Axuda por incapacidade permanente.

Se como consecuencia de enfermidade ou accidente se producise alta da Seguridade Social con algunha secuela ou fose apreciado polo servicio médico de empresa ou por persoal alleo a ela, ben por solicitude da dirección ou do comité de empresa, reducción da capacidade física que imposibilite a realización de funcións propias do seu posto de traballo, será obrigatorio para o traballador dentro dos quince días a partir da notificación da empresa, dándolle conta de tal extremo, inicia-lo expediente solicitando a correspondente incapacidade ante o organismo correspondente.

Cumpridos os anteriores requisitos e só para os supostos previstos no parágrafo anterior, a empresa concederá as seguintes axudas:

1. Se se recoñecese a incapacidade total permanente para a súa profesión habitual, a empresa complementaría a pensión cun 25% da base reguladora que sirva para a súa fixación, sen que sexa revisable no futuro por ningún concepto.

2. Se a incapacidade permanente recoñecida fose absoluta concederase unha indemnización compensatoria, por unha soa vez, de 200.000 ptas.

Artigo 30º.-Préstamos.

O persoal fixo poderá solicitar préstamos cando concorran circunstancias de especial necesidade que terán que ser aprobadas cando así o esixa a dirección, contestando esta dentro do prazo dun mes a partir da data de solicitude.

Para a súa concesión será preceptivo o informe previo do/s delegado/s de persoal.

Os ditos préstamos estarán regulados segundo as seguintes normas:

1. Fondo para préstamos: 1.000.000 ptas.

2. O xuro do préstamo será o legalmente establecido polo Banco de España no momento da súa concesión.

3. O prazo máximo de devolución do préstamo será dun ano natural a partir da súa concesión e fraccionarase entre as mensualidades e pagas extras comprendidas dentro do dito ano.

4. Establécese un límite máximo de 200.000 pts. por persoa.

Artigo 31º.-Premios á antigüidade.

O persoal que cumpra os vinte, vintecinco e os trinta anos de servicio ininterrompido na empresa, a partir do 1º de xaneiro de 1994, concederáselle un premio de vinculación que se pagará dunha soa vez, dentro do mesmo mes en que cumpra os anos de servicio, coas seguintes contías:

-Ós 20 anos de servicio: 50.000 ptas.

-Ós 25 anos de servicio: 55.000 ptas.

-Ós 30 anos de servicio: 60.000 ptas.

Artigo 32º.-Axuda para gastos por falecemento.

En caso de falecemento dun traballador, independentemente da liquidación de haberes que legalmente lles correspondan ós seus habentes dereito, a empresa aboáralles a estes unha axuda para gastos de enterro de 75.000 ptas.

Considérase habentes dereito, para efectos de percibiren a axuda que se establece, as seguintes persoas e na seguinte orde: viúva, descendentes matrimoniais e extramatrimoniais, xa sexan naturais ou adoptivos, irmáns e ascendentes en primeiro grao.

Esta percepción substitúe as que houbese establecidas por este concepto por disposición legal.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

1. Os traballadores das seccións onde exista humidade e temperaturas extremas proporcionaráselles calzado e roupa adecuada ás súas condicións de traballo, nas diferentes estacións climatolóxicas do ano.

2. Os demais traballadores fixos serán provistos de dúas fundas ó ano. Os traballadores con contrato temporal serán provistos do equipo adecuado para as funcións que realice, en proporción ó tempo de alta na empresa.

3. A empresa facilitaralle dous uniformes, un de inverno e outro de verán, cada dous anos, ó persoal de Merchandising e Mecánicos de Grupos.

Artigo 34º.-Servicio militar.

Durante a permanencia no servicio militar percibiranse as pagas extraordinarias regulamentarias establecidas no presente convenio.

Capítulo IV

Acción sindical

Artigo 35º.-Delegados de persoal.

No tocante a funcións, garantías, etc. do/s delegado/s de persoal, haberán que aterse ó disposto pola lexislación vixente.

Disposición derradeira

En todos aqueles aspectos non determinados concretamente no presente convenio, que se aplicará nos seus propios termos, haberá que aterse ó disposto

nas normas legais de carácter xeral e na ordenanza laboral da industria cervexeira, que se manterá na súa plena vixencia, en todas aquelas materias que non se opoñan ó estipulado no convenio, ou non fosen derrogadas por el mesmo.

ANEXO I

Grupo Cuzcampo, S.A.

Taboas Mos 1994

CategoríasSalario base

mes/día

Plus convenio

mes/día

Total mes/díaTotal ano

Titulado grao superior117.222 66.539 183.761 2.940.170
Titulado grao medio101.399 66.377 167.776 2.684.416
Xefe 1ª administrativo93.783 51.646 145.430 2.326.872
Xefe 1ª técnico93.783 51.646 145.430 2.326.872
Xefe 2ª adminisrativo83.818 46.938 130.756 2.092.093
Xefe 2ª técnico83.818 46.938 130.756 2.092.093
Oficial 1ª Admin./Técnico77.952 48.053 126.055 2.016.081
Oficial 2ª Admin./Técnico70.297 48.957 119.254 1.908.065
Auxiliar administrativo62.131 37.851 99.983 1.599.720
Inspector 1ª ventas79.714 49.011 128.725 2.059.593
Inspector 2ª ventas73.852 52.539 126.391 2.022.255
Subalterno 1ª xefe de equipo70.344 31.284 101.617 1.625.878
Subalterno 1ª obreiro66.232 32.160 98.392 1.574.277
Subalterno 2ª obreiro62.131 32.995 95.126 1.522.020
Oficial 1ª xefe de equipo2.597,3931,13.528,31.711.249
Oficial 1ª obreiro2.344,6967,83.312,41.606.517
Oficial 2ª obreiro2.207,8983,63.191,41.547.822
Axudante 2ª obreiro2.070,9931,43.002,31.456.102
Auxiliar 1ª obreiro2.012,4921,82.934,21.423.069
Auxiliar 2ª obreiro1.953,9859,62.813,51.364.535

ANEXO II

PRIMA PRODUCTIVIDADE

Grupo Cuzcampo, S.A.

Taboas Mos 1994

CategoríasPtas./mesPtas./ano

Titulado grao superior
Titulado grao medio
Xefe 1ª administrativo33.543402.520
Xefe 1ª técnico33.543402.520
Xefe 2ª administrativo32.411388.937
Xefe 2ª técnico32.411388.937
Oficial 1ª Admin./Técnico30.595367.139
Oficial 2ª Admin./Técnico29.963359.554
Auxiliar administrativo28.821345.857
Inspector 1ª vendas
Inspector 2ª vendas
Subalterno 1ª xefe de equipo31.199374.384
Subalterno 1ª obreiro30.595367.139
Subalterno 2ª obreiro29.963359.554

CategoríasPtas./mesPtas./ano

Oficial 1ª xefe de equipo31.199374.384
Oficial 1ª obreiro30.595367.139
Oficial 2ª obreiro29.963359.554
Axudante 2ª obreiro28.821345.857
Auxiliar 1ª obreiro28.178338.134
Auxiliar 2ª obreiro26.936323.228

ANEXO III

PLUS ACTIVIDADE

Grupo Cuzcampo, S.A.

Taboas Mos 1994

CategoríasPtas./mesPtas./ano

Oficial 1ª xefe de equipo32.331387.967
Oficial 1ª obreiro24.869298.431
Oficial 2ª obreiro18.652223.826
Axudante obreiro14.922179.059

CategoríasPtas./mesPtas./ano

Auxiliar 1ª obreiro12.435149.222
Auxiliar 2ª obreiro11.192134.303

ANEXO IV

CADRO HORARIO

Persoal de administración.

De luns a venres: de 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

Persoal de almacen e carreteiros.

Quenda (a): de luns a venres, de 6 a 14 horas

Quenda (b): de luns a venres, de 14 a 22 horas.

Quenda (c): de luns a venres, de 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

Persoal de grupos.

De luns a venres: de 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

9603670