Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.580

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de comercio téxtil de Lugo (código 2700205), asinado o día 18 de novembro de 1995, pola representación da Asociación de Empresarios e das centrais sindicais UGT e CC.OO., e, de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3 ºdo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 7 de decembro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial do comercio téxtil de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo afecta e vincula a tódalas empresas e traballadores da provincia de Lugo que se atopen encadradas no sector do comercio téxtil, a través da agrupación provincial da dita actividade, comprendidos no ámbito funcional e de aplicación da ordenanza laboral de comercio do 24 de xullo de 1971.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As disposicións deste convenio comprenderán a todo o territorio de Lugo e á súa provincia.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio, tódalas empresas e traballadores comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral de comercio, do 24 de xullo de 1971, e disposicións ulteriores que a desenvolven, que se dediquen á actividade de comercio téxtil; e queda excluído o persoal especificado no Estatuto dos traballadores cun contrato

que non é constitutivo dunha relación laboral de traballo.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio colectivo de traballo, será desde o 1 de abril de 1994 ó 31 de marzo de 1996, independentemente da súa publicación no BOP.

Artigo 5º.-Denuncia e rescisión.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio deberá ser este denunciado por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará, en todo caso, a prórroga deste por un ano, en iguais termos salvo o referente á táboa salarial.

Artigo 6º.-Salario base.

Comprende as retribucións que figuran nas táboas de salarios anexas.

Artigo 7º.-Gratificacións regulamentarias.

A contía das gratificacións do 25 de xullo e de Nadal, serán dunha mensualidade, cada unha, dos salarios deste convenio, comprendido o salario base da táboa anexa e a antigüidade.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

Aboarán as empresas, en concepto de beneficios, unha paga da mensualidade dos salarios base da táboa salarial deste convenio, incrementada coa antigüidade e, en todo caso, haberá de liquidarse, a de cada ano, dentro do primeiro trimestre do ano seguinte.

Artigo 9º.-Sobresoldo de desgaste de vestiario.

Coa finalidade de repoñe-la deterioración que poida experimenta-lo traballador nas súas pezas de roupa polo exercicio das súas funcións, establécese un sobresoldo de desgaste de vestiario mensual -que é o que figura no anexo táboa salarios, 2ª columnapara tódalas categorías profesionais, con excepción dos traballadores menores de 18 anos, que percibirán a metade da contía anteriormente citada. Así mesmo, este sobresoldo permanecerá inalterable polas posibles subas que experimente o salario base, tendo o carácter de non absorbible.

Artigo 10º

O sobresoldo de desgaste de vestiario devengarase nas doce mensualidades por cada anualidade, sen incluílo nas pagas extraordinarias e de beneficios.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade consistirá no devengo de cuatrienios do 6% cada un, aplicable sobre os salarios base da táboa anexa deste convenio.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo máxima legal para o persoal comprendido no presente convenio colectivo será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

Artigo 13º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio gozará dun período anual de vacacións de 30 días. Preferentemente entre os meses de xuño e setembro.

Artigo 14º.-Premio de constancia no traballo.

Para premia-la constancia no traballo, aboarán as empresas ó traballador que se xubile, cun mínimo de 15 anos de servicio, o importe de dúas mensualidades completas das súas retribucións vixentes na data de xubilación, incrementadas en dúas mensualidades máis por cada 10 anos de servicios que excedan dos 15 primeiros. Este premio satisfarase igualmente ós que sexan declarados inválidos permanentes e, reunindo os requisitos expresados anteriormente, deban cesar, por tal causa, na empresa.

Artigo 15º.-Socorro de defunción.

Ó falecemento do traballador/a, as empresas aboaranlles ó cónxuxe, descendentes ou irmáns/ás que vivisen con aquel/a, e pola orde expresada, un socorro de defunción de tres mensualidades do salario total do causante, por canto as 5.000 ptas. que polo subsidio de defunción outorga a Seguridade Social, non alcanzan a cubri-los gastos de enterramento.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

As empresas subscribirán, a favor dos seus traballadores, unha póliza de seguros por importe dun 1.500.000 de ptas. que cubra, en caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez.

A obriga de contrata-la dita póliza entrará en vigor a partir dos 30 días posteriores á publicación do presente convenio no BOP.

Artigo 17º.-Mozo/a especializado.

Todo traballador que actualmente figure na categoría como mozo e que efectúe traballos como reposición de almacén ou facturación de mercadorías, pasará á categoría de mozo/a especializado.

Artigo 18º.-Dereitos sindicais.

As empresas poñerán á disposición dos comités de empresa ou delegados de persoal o oportuno taboleiro de anuncios para o seu uso, sen prexuízo de poder mantelo para outros usos nos que así se autorizasen. As empresas poderán deducir a través das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais asinantes do presente convenio naqueles supostos nos que os interesados o solicitasen por escrito á dirección da empresa, e indicarán o número de conta corrente do sindicato á que desexan se lles transfira o importe da referida cota.

Artigo 19º.-Comisión paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitados como consecuencia da aplicación deste, constitúese unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste con

venio, que estará formada por 6 representantes da asociación de empresarios asinante, 4 de UGT e 2 de CC.OO , igualmente asinantes. Caso de que non se chegase a un acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 20º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas, manténdose as ad personam en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 21º-Normas de subsidiaria aplicación.

En todo o non previsto no presente convenio, rexerá subsidiariamente a ordenanza laboral de comercio, do 24 de xullo de 1971, e disposicións posteriores que a desenvolven e complementan, e as normas laborais de xeral aplicación.

Artigo 22º.-Publicidade.

As empresas expoñerán nos seus centros de traballo un exemplar deste convenio para consulta e coñecemento dos traballadores afectados por este.

Artigo 23º.-Servicio militar.

O persoal que á data de incorporación ó servicio militar levase dous anos de prestación de servicios na empresa, terá dereito a percibir, mentres se atope incorporado a filas, as gratificacións extraordinarias de xullo ou Nadal que coincidan coa dita prestación de servicio.

Artigo 24º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 15 días en caso de matrimonio.

b) 2 días en caso de falecemento ou enfermidade grave de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Artigo 25º.-Comisión de seguridade e hixiene.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da asociación empresarial téxtil igual ó total das centrais sindicais.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terá como obxectivos prioritarios:

1º Promove-la observación das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2º Prestarlles asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten á integridade física e saúde dos traballadores.

3º Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4º Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

5º Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e mellora da Seguridade Social e hixiene no traballo, no sector e na provincia de Lugo.

Artigo 26º.-Comisión de formación.

As partes sinatarias, acordan constituír unha comisión paritaria sectorial provincial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da asociación empresarial téxtil, igual ó número total de representantes das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómica e central competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector de comercio téxtil, coa finalidade de colaborar tanto nos que estean en marcha como nos que se poidan programar no futuro.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimientos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional como regrada.

-Elabora-los plans formativos necesarios para acada-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e a mellora da formación profesional no sector na provicia de Lugo.

TÁBOA SALARIAL DO CONVENIO DE COMERCIO TÉXTIL DE LUGO

Vixencia: 1-4-1994 ó 31-3-1995

Categoría profesionalSoldo

base

PlusSoldo

mes

Retribuc.

anual

Grupo I
Persoal técnico titulado
Titulado/a grao superior116.0138.113124.1261.861.890
Titulado/a grao medio98.6017.901106.5021.597.530
Axudante/a técnico sanitario86.9007.75894.7481.421.220

Grupo II
Persoal mercantil técnico non titulado
Director/a127.6328.258135.8902.038.350
Xefe/a de división113.1028.079121.1811.817.715
Xefe/a de persoal110.2168.043118.2591.773.885
Xefe/a de compras110.2168.043118.2591.773.885
Encargado/a xeral110.2168.043118.2591.773.885
Xefe/a de sucursal o súper98.6017.901106.5021.597.530
Xefe/a de almacén98.6017.901106.5021.597.530
Xefe/a de grupo92.7907.829100.6191.509.285
Xefe/a de sección mercantil85.2397.73692.9751.394.625
Encargado/a establecemento poxa84.0757.72191.7961.376.940
O/A intérprete74.9627.38082.3421.235.130

Categoría profesionalSoldo

base

PlusSoldo

mes

Retribuc.

anual

Xefe/a de vendas110.2168.043118.2591.773.885

Persoal mercantil propiamente dito
o/a viaxante85.2397.73692.9751.394.625
Corredor/a de praza84.0757.72191.7961.376.940
Dependente/a81.1737.68688.8591.332.885
Dependente/a maior89.1617.78496.9451.454.175
Axudante/a74.5827.60782.1891.232.835
Aprendiz/a menor de 18 anos45.9287.25153.179797.685

Grupo III
O/A Persoal técnico non titulado
Director/a127.6328.258135.8902.038.350
Xefe/a de división113.1028.079121.1811.817.715
Xefe/a de administración102.0847.943110.0271.650.405
Secretario/a82.3437.69890.0411.350.615
Xefe/a de sección administrativa95.1037.858102.9611.544.415

Persoal administrativo
O/A contable, caixeiro/a, taquimecanógrafo/a, idiomas, etc.85.2397.73692.9751.394.625
O/A oficial administrativo e operador/a máquina contable81.1737.68688.8591.332.885
O/A auxiliar administrativo e perforista74.5827.60782.1891.232.835
O/A aspirante ou auxiliar de caixa menor de 18 anos45.9287.25153.179797.685
O/A auxiliar de caixa74.5827.60782.1891.232.835
O/A auxiliar maior de caixa80.1097.67187.7801.316.700

Grupo IV
Persoal de servicios e actividades auxiliares
Xefe/a de sección de servicios92.6787.830100.5081.507.620
Debuxante/a98.6017.901106.5021.597.530
O/A escaparatista81.1737.68688.8591.332.885
Axudante de montaxe74.5827.60782.1891.232.835
O/A delineante75.3657.61482.9791.244.685
Visitador/a75.3657.61482.9791.244.685
O/A rotulista75.3657.61482.9791.244.685
Cortador/a84.1227.72091.8421.377.630
Axudante cortador/a74.5827.60782.1891.232.835
Xefe/a de taller75.1127.60982.7211.240.815
Persoal de oficio de 1ª79.4337.66587.0981.306.470
Persoal de oficio de 2ª77.2497.63884.8871.273.305
Persoal de oficio de 3ª76.2807.62683.9061.258.590
O/A capataz78.0277.64885.6751.285.125
Mozo/a especializado75.6027.61683.2181.248.270
O/A ascensorista74.5827.60782.1891.232.835
O/A telefonista74.5827.60782.1891.232.835
Mozo/a74.5827.60782.1891.232.835
Empaquetador/a74.5827.60782.1891.232.835

Grupo V
Persoal subalterno
O/A conserxe74.5827.60782.1891.232.835
Cobrador/a74.5827.60782.1891.232.835
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro/a74.5827.60782.1891.232.835
Persoal de limpeza346

TÁBOA SALARIAL DO CONVENIO DE COMERCIO TÉXTIL DE LUGO

Vixencia: 1-4-1995 ó 31-3-1996

Categoría profesionalSoldo

base

PlusSoldo

mes

Retribuc.

anual

Grupo I
Persoal técnico titulado
Titulado/a grao superior120.0738.397128.4701.927.050
Titulado/a grao medio102.0528.178110.2301.653.450
Axudante/a técnico sanitario90.0358.03098.0651.470.975

Grupo II
Persoal mercantil técnico non titulado
Director/a132.0998.547140.6462.109.690
Xefe/a de división117.0618.362125.4231.881.345
Xefe/a de persoal114.0748.325122.3991835.985
Xefe/a de compras114.0748.325122.3991.835.985
Encargado/a xeral114.0748.325122.3991.835.985
Xefe/a de sucursal o súper102.0528.178110.2301.653.450
Xefe/a de almacén102.0528.178110.2301.653.450
Xefe/a de grupo96.0388.103104.1411.562.115
Xefe/a de sección mercantil88.2228.00796.2291.443.435
Encargado/a establecemento poxa87.0187.99195.0091.425.135
O/A intérprete77.5867.63885.2241.278.360
Xefe/a de vendas114.0748.325122.3991.835.985

Persoal mercantil propiamente dito
o/a viaxante88.2228.00796.2291.443.435
Corredor/a de praza87.0187.99195.0091.425.135
Dependente/a84.0147.95591.9691.379.535

Categoría profesionalSoldo

base

PlusSoldo

mes

Retribuc.

anual

Dependente/a maior92.2828.056100.3381.505.070
Axudante/a77.1927.87385.0651.275.975
Aprendiz/a menor de 18 anos47.5357.50555.040825.600

Grupo III
Persoal técnico non titulado
Director/a132.0998.547140.6462.109.690
Xefe/a de división117.0618.362125.4231.881.345
Xefe/a de administración105.6578.221113.8781.708.170
Secretario/a85.2257.96793.1921.397.880
Xefe/a de sección administrativa98.4328.133106.5651.598.475

Persoal administrativo
O/A contable, caixeiro/a, taquimecanógrafo/a, idiomas, etc.88.2228.00796.2291.443.435
O/A oficial administrativo e operador/a máquina contable84.0147.95591.9691.379.535
O/A auxiliar administrativo e perforista77.1927.87385.0651.275.975
O/A aspirante ou auxiliar de caixa menor de 18 anos47.5357.50555.040825.600
O/A auxiliar de caixa77.1927.87385.0651.275.975
O/A auxiliar maior de caixa82.9137.93990.8521.362.780

Grupo IV
Persoal de servicios e actividades auxiliares
Xefe/a de sección de servicios95.9228.104104.0261.560.390
Debuxante/a102.0528.178110.2301.653.450
O/A escaparatista84.0147.95591.9691.379.535
O/A axudante de montaxe77.1927.87385.0651.275.975
O/A delineante78.0037.88085.8831.288.245
Visitador/a78.0037.88085.8331.288.245
O/A rotulista78.0037.88085.8831.288.245
Cortador/a87.0667.99095.0561.425.840
Axudante cortador/a77.1927.87385.0651.275.975
Xefe/a de taller77.7417.87585.6161.284.240
Persoal de oficio de 1ª82.2137.93390.1461.352.190
Persoal de oficio de 2ª79.9537.90587.8581.317.870
Persoal de oficio de 3ª78.9507.89386.8431.302.645
O/A capataz80.7587.91688.6741.330.110
Mozo/a especializado78.2487.88386.1311.291.965
O/A ascensorista77.1927.87385.0651.275.975
O/A telefonista77.1927.87385.0651.275.975
Mozo/a77.1927.87385.0651.275.975
Empaquetador/a77.1927.87385.0651.275.975

Grupo V
Persoal subalterno
O/A conserxe77.1927.87385.0651.275.975
Cobrador/a77.1927.87385.0651.275.975
O/A vixilante, sereno, ordenanza, porteiro/a77.1927.87385.0651.275.975
Persoal de limpeza358

1392