Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 14 de maio de 1996 Páx. 4.542

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de maio de 1996 pola que se convocan e aproban as bases polas que se rexen as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador.

A coordinación do sistema universitario e a coordinación dos recursos de investigación son dous grandes obxectivos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que se están a concretar en diversas accións.

Estas metas da política universitaria e científica teñen realización concreta, porque están sustentadas por un plan de financiamento do sistema que encerra unha filosofía específica para os investimentos, a creación de servicios, a investigación e a docencia.

Trátase de pór en marcha un plan de accións estimulantes para a formación do persoal investigador da nosa comunidade que non son incompatibles entre si, tal como se pode ver na convocatoria, e que, entre todas á vez, e cada unha por separado, contribúen a mellora-la calidade apoiando a formación e actualización do profesorado e do persoal investigador da Comunidade Autónoma.

A experiencia de convocatorias de anos anteriores e as consultas puntuais que se estiveron a realizar fan necesario concreta-las modificacións de tipo procedemental que afectan as solicitudes das bolsas obxecto desta convocatoria.

Por outra banda, as accións que agora se convocan poñen especial énfase en respecta-la competencia persoal do solicitante, que queda reflectida no seu expediente académico así como a que corresponde ós departamentos na formación de investigadores pois ós seus consellos correspóndelles tanto a aceptación do proxecto de tese como o recoñecemento da suficiencia investigadora do solicitante. Precisamente por iso, atribúese ó 3º ciclo o carácter de estudios que lle confire a lei, e, ó mesmo tempo,

recoñécese a tese de licenciatura como un indicador meritorio da aptitude investigadora dos solicitantes de axudas predoutorais.

Todas estas accións proporcionan experiencias que incrementan a competencia investigadora. Nestas accións insístese no carácter titorado do proceso de formación dos investigadores, e por iso os directores de investigación teñen que avala-los expedientes que correspondan ó traballo realizado polos bolseiros.

Polo que antecede, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Convócanse as bolsas e axudas que a continuación se indican para apoio á formación e perfeccionamento do persoal investigador e apróbanse as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos á presente orde:

1. Bolsas para realizar estudios de doutoramento (prórrogas e novas adxudicacións. Anexo I).

2. Bolsas predoutorais (1ª e 2ª prórroga e novas adxudicacións. Anexo II).

3. Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma (anexo III).

4- Axudas para organización de congresos, simposios e seminarios que se vaian celebrar en Galicia (anexo IV).

5. Axudas para asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos (anexo V).

6. Axudas para o financiamento de estadías de profesores visitantes (anexo VI).

7. Subvencións a publicacións periódicas (anexo VII).

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas nos anexos I, II, III e V da presente orde destinarase unha cantidade total de 547.500.000 ptas. con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.05.431A.480.0 e 07.05.322C.484.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996. Para as bolsas convocadas no anexo IV destinaranse 10.000.000 de ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.431A.481.0, para as do anexo VI 16.500.000 con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.322C.441.0 e para as do anexo VII 10.000.000 de ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.431A.740.0 dos citados orzamentos. Sen embargo as cantidades antes citadas poderanse incrementar ata un máximo de un 20% en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá facer pública unha nova convocatoria no suposto de que as adxudicacións acordadas non cubrisen a totalidade do crédito orzado.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impug

nados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de 12 meses, de conformidade co establecido no Decreto 267/1994, do 29 de xullo, polo que se aproba a relación de procedementos iniciados por solicitude dos interesados, dos que sexa competente para resolver Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos que a falta de resolución expresa da Administración produce efectos desestimatorios ou estimatorios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Universidades e Investigación

ANEXO I

Bolsas para realizar estudios de doutoramento

Estas bolsas teñen como finalidade contribuír ó financiamento dos estudios de terceiro ciclo daqueles alumnos que, en función da súa capacitación, poidan converterse no xerme dunha nova xeración de investigadores.

Bases da convocatoria

A. Bolsas de nova adxudicación.

1. Requisitos dos solicitantes.

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto, se o houbese.

c) Estar matriculado no curso 1996/97 en programas de terceiro ciclo impartidos nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo.

2. Contía.

O importe das devanditas bolsas será de 50.000 ptas. brutas mensuais.

3. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 1996 e setembro de 1997. As bolsas concedidas poderanse prorrogar por unha soa vez e para un so programa de doutoramento, e de acordo coa normativa que se elabore para o efecto.

4. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 11 (que se publica como anexo VIII á presente orde e a disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI ou doutro documento acreditativo da nacionalidade do solicitante.

-Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada).

No caso de estudios convalidados, deberá presentarse así mesmo certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estar en posesión dun título de diplomado ou por ter realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán xuntar ademais da certificación correspondente o curso de adaptación, 4º e 5º, a referente a diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados ou recoñecidos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes e deberase xuntar, se é o caso, as oportunas táboas de equivalencias oficiais das cualificacións.

-Certificado do secretario do correspondente departamento, segundo o modelo que se inclúe no impreso de solicitude, no que conste a admisión do solicitante no programa de doutoramento.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o 1 ó 21 de outubro de 1996, ámbolos dous incluídos.

5. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando se é ocaso as causas de exclusión, nos taboleiros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das súas delegacións provinciais, no centro de información administrativa da Consellería de Presidencia e Administración Pública, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense e nos da vicexerencia do campus de Lugo. Esta lista estará exposta desde o 20 ó 30 de novembro de 1996, podendo os inte

resados, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emendan as causas de exclusión, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

6. Selección dos candidatos.

6.1. Comisión de selección.

A selección de bolseiros será efectuada pola Comisión de Selección de Política Científica.

6.2. Criterios xerais de selección.

6.2.A. A selección de bolseiros farase en atención o seu expediente académico da licenciatura, agrupándose as solicitudes recibidas en 5 áreas:

-Ciencias experimentais.

-Ciencias da saúde.

-Ciencias sociais e xurídicas.

-Ensinanzas técnicas e

-Humanidades.

A adscrición das diferentes carreiras académicas a estas áreas aparece recollida no anexo XVIII á presente orde.

6.2.B. Poderáselle dar preferencia á concesión de bolsas para un ou varios programas de doutoramento, sempre que a comisión considere que a súa importancia é notable para o desenvolvemento harmónico da Comunidade Autónoma.

7. Resolución do concurso.

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Política Científica, que elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral de Universidades e Investigación para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou co desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas destinadas a cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios, cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

As bolsas concédense para o curso completo, polo que no caso de renuncia ou revogación o bolseiro deberá reintegra-las cantidades xa aboadas, salvo en casos excepcionais autorizados pola Dirección Xeral de Universidades e Investigación, logo de xustificación dos cursos superados ou traballo realizado polo bolseiro e necesidade económica no período do desfrute da bolsa anterior á renuncia.

9. Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se compromete a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes

bases, iniciándose entonces os trámites para proceder ós correspondentes pagamentos mensuais.

10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros están obrigados a asistir ás clases, seguir con aproveitamento os cursos correspondentes ó seu programa de doutoramento e a realiza-las actividades complementarias de formación que determine o titor cunha dedicación mínima de 10 horas semanais e máxima de 15 horas semanais.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades xa cobradas.

Os bolseiros están obrigados a comunicarlle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación, se é o caso, a renuncia á bolsa tan pronto como se produza a causa que determine a dita renuncia.

B. Prórrogas.

1. Solicitantes.

Poderán solicita-la prórroga aqueles alumnos que desfrutaron durante o curso 1995-1996 dunha bolsa de terceiro ciclo, modalidade nova adxudicación, concedida por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación o 22 de decembro de 1995 (DOG do 30-12-1995), sempre que poidan xustificar un adecuado aproveitamento académico nese período, e estean matriculados durante o curso 1996-1997 no 2º ano do programa de estudios do terceiro ciclo impartido nas universidades de Galicia.

2. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 12 (que se publica como anexo IX á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

-Informe realizado polo titor sobre o cumprimento académico do solicitante no curso 1995-1996.

-Certificación académica de ter superado os créditos do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo.

As solicitudes irán acompañadas da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 1 ó 21 de outubro de 1996, ámbolos dous incluídos.

3. Período de desfrute.

A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 1996 e setembro de 1997.

4. Outras condicións da convocatoria.

Análogas ás indicadas nos puntos 2, 6.1, 7, 8, 9 e 10 do apartado A.

ANEXO II

Bolsas predoutorais

A finalidade principal desta convocatoria é o apoio a formación en investigación científica (básica e aplicada) e tecnolóxica daqueles titulados superiores universitarios que estean a realizar unha tese de doutoramento nun centro de investigación radicado na Comunidade Autónoma galega.

Bases da convocatoria

A. Bolsas de nova adxudicación.

1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto, se o houbese.

c) Ter rematados os estudios correspondentes ós dous cursos académicos do programa de doutoramento, ó que está adscrito o solicitante, con posterioridade a xaneiro de 1994.

d) Ter admitido, por un departamento dunha universidade do sistema universitario de Galicia, o proxecto de tese, segundo o artigo 7º.4 do Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, que regula o terceiro ciclo de estudios universitarios.

e) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras homologadas a elas en anteriores convocatorias.

2. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

2.1. Unha asignación mensual bruta comprendida entre 110.000 ptas. e 125.000 ptas.

2.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes.

3. Período de desfrute.

3.1. A duración destas bolsas é de 12 meses, comprendidos entre outubro de 1996 e setembro de 1997.

3.2. As bolsas concedidas poderanse prorrogar, logo de solicitude, de acordo coa normativa que se elabore ó efecto.

3.3. Excepcionalmente, en función da dispoñibilidade orzamentaria poderase solicitar unha segunda prórroga de seis meses, de acordo coas bases que se aproben nunha convocatoria específica.

4. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 5 (que se publica como anexo X á presente orde e á disposición

dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

4.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Será válida a fotocopia compulsada da certificación, pero non as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios convalidados, deberá presentarse así mesmo certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán xuntar ademais da certificación correspondente o curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados ou recoñecidos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes e deberase xuntar, se é ocaso, as oportunas táboas de equivalencias oficiais das cualificacións.

A certificación incluirá, se é ocaso, a cualificación correspondente á tese de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tese e o título del.

4.2. Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor avalado polo director/es daquel. No proxecto farase mención específica dos obxectivos, dos contidos básicos do traballo e das estratexias específicas de análise e indagación que se van utilizar. Así mesmo o solicitante xustificará o interese do tema, logo de identificalo cun dos niveis que desde o punto de vista epistemolóxico adoita configura-la investigación (básica, aplicada e tecnolóxica).

4.3. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo secretario do correspondente departamento universitario, na que conste a admisión do proxecto por parte do consello de departamento.

4.4. Certificación académica ou fotocopia compulsada na que conste a obtención dun mínimo de 32 créditos, necesarios para supera-lo correspondente programa de doutoramento, así como as cualificacións correspondentes.

4.5. Declaración xurada do solicitante na que conste que cumpre o requisito establecido no punto 1.e).

4.6. Relación de teses de doutoramento nas que figure como director, nos últimos cinco anos, o director da tese do solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de setembro de 1996. En relación co documento 4.4, se o solicitante non puidese dispor del por motivos alleos á súa vontade no prazo fixado, farao constar por escrito utilizando para este fin o apartado de observacións da instancia de solicitude; nese caso admitirase provisionalmente a solicitude e deberá o interesado presenta-lo devandito documento como data límite o 4 de outubro de 1996.

5. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando se é o caso as causas de exclusión, nos taboleiros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das súas delegacións provinciais, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense e nos da vicexerencia do campus de Lugo. Esta lista estará exposta desde o 21 ó 31 de outubro de 1996. Os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emendan as causas de exclusión procederase ó arquivo

do expediente sen máis trámite.

6. Selección de candidatos.

6.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada pola Comisión de Selección de Política Científica.

6.2. Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros farase en función dos méritos acreditados nos puntos 4.1 e 4.4, agruparanse as solicitudes recibidas en 5 áreas:

-Ciencias experimentais.

-Ciencias da saúde.

-Ciencias sociais e xurídicas.

-Ensinanzas técnicas.

-Humanidades.

A adscrición das diferentes carreiras académicas a estas áreas aparece recollida no anexo XVIII á presente orde.

7. Resolución do concurso.

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Política Científica que elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral de Uni

versidades e Investigación para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou co desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación poderá conceder interrupcións no desfrute da bolsa por petición razoada do interesado, logo de informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a 6 meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións, e non darán lugar en ningún caso a posibilidade de recupera-lo período interrompido.

No momento en que algún dos beneficiarios destas bolsas realice a lectura da súa tese de doutoramento ou se produza algunha circunstancia que determine a incompatibilidade no disfrute da bolsa, deberá comunicalo á Dirección Xeral de Universidades e Investigación e esta procederá á suspensión da bolsa correspondente e adxudicaralla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese. Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior a súa renuncia deberá presentar a memoria da actividade realizada ata ese momento asinada por el e co visto e prace do director da tese.

9. Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases iniciándose entonces os trámites para proceder ós correspondentes pagamentos mensuais.

10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, deberán axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Dirección Xeral de Universidades e Investigación un informe do labor realizado ata o momento. Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia

dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 60 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal do mesmo.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación nos que expresamente se lle autorice.

O bolseiro está obrigado a notificar á Dirección Xeral de Universidades e Investigación a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberá notificalo igualmente á Dirección Xeral de Universidades e Investigación indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

B. Primeira prórroga das bolsas predoutorais.

1. Aqueles beneficiarios dunha bolsa predoutoral de nova adxudicación, concedida por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 13 de decembro de 1995 (DOG 26-12-1995), poderán solicita-la prórroga correspondente ó curso académico 1996-1997 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. As solicitudes, no modelo oficial nº 6 (que se publica como anexo XI á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o curso 1995-1996. Deberá ir asinada polo bolseiro e co visto e prace polo director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe do director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro acerca do estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director/es.

As solicitudes irán acompañadas da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de agosto de 1996.

3. A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Política Científica que elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral de Universidades e Investigación para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4. As solicitudes de prórroga seralles de aplicación o sinalado nos puntos 2, 3.1, 3.3, 6.1, 8, 9 e 10 do apartado A.

C. Segunda prórroga das bolsas predoutorais.

1. Aqueles beneficiarios dunha bolsa predoutoral durante o curso 1994-1995 (Orde do 20 de decembro de 1994, DOG 9-1-1995) e que durante o curso 1995-1996 desfrutaron da prórroga correspondente (resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 29 de setembro de 1995, DOG 25-10-1995), poderán solicitar unha nova prórroga, como máximo de 6 meses para o curso académico 1996-1997 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. As solicitudes, no modelo oficial nº 2 (que se publica como anexo XII á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria, máximo 3 folios, do estado actual do proxecto de tese.

2.2. Comunicacións a congresos e publicacións referentes ó tema da tese realizadas durante o período de desfrute da bolsa.

2.3. Certificación do director/es da tese na que conste que ela non está rematada e se encontra en estado avanzado de execución.

As solicitudes irán acompañadas da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de agosto de 1996.

3. A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Política Científica que elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral de Universidades e Investigación para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4. Ás solicitudes de 2ª prórroga seralles de aplicación o sinalado nos puntos 2, 6.1, 8 e 9 do apartado A.

5. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, cunha dedicación exclusiva á súa función.

Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se procede, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 30 horas durante o período da prórroga á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal do mesmo.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lle autorice.

ANEXO III

Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma

Estas axudas teñen como finalidade favorece-la actualización de coñecementos e a adquisición de novas técnicas por parte do profesorado universitario e do persoal investigador da Comunidade Autónoma.

Bases da convocatoria

1. Características.

Estas bolsas cobren estadías de ata 9 meses de duración no caso de doutores, e de 3 meses nos restantes casos e concédense para adquirir coñecemento dunha técnica de investigación, dunha técnica de organización, para coñecemento dunha institución investigadora ou de datos de interese para un traballo de investigación que xa está en marcha. Así mesmo, estas bolsas concédense para realizar unha investigación nun centro estranxeiro ou nun centro español situado fóra da Comunidade Autónoma.

2. Requisitos dos solicitantes.

2.1. Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

2.2. Pertencer a algunha das seguintes categorías:

a) Profesores numerarios, interinos ou contratados que pertenzan a algunha das tres universidades da Comunidade Autónoma.

b) Investigadores de cadro de persoal que pertenzan a algún centro público de investigación radicado na Comunidade Autónoma.

c) Doutores que non obtivesen bolsa doutro organismo para realizar unha estadía fóra da Comunidade Autónoma e que estean vinculados a centros públicos de investigación situados en Galicia.

d) Bolseiros predoutorais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e bolseiros que teñan acadada a suficiencia investigadora (prevista no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios univesitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios postgraduados) e estean adscritos a centros públicos de investigación situados en Galicia sempre que a bolsa que desfrutan non contemple na propia convocatoria a posibilidade de dotación adicional para estadía fóra da Comunidade Autónoma.

3. Contía das bolsas.

O importe da bolsa comprenderá:

3.1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, durante o período de desfrute.

3.2. Unha asignación mensual que estará comprendida entre 90.000 e 200.000 ptas. brutas segundo as circunstancias do lugar, a experiencia profesional do solicitante e as particularidades do plan de traballo que se vai desenvolver.

3.3. As taxas de laboratorio, se é ocaso, cubriranse só se a Comisión de Selección de Política Científica o considera oportuno e aparecen, en todo caso, convenientemente xustificadas na solicitude.

4. Forma de pagamento.

Os pagamentos da bolsa faranse por trimestres adiantados e de acordo coa normativa vixente.

5. Período de desfrute.

A totalidade da bolsa deberá desfrutarse antes do 30 de setembro de 1997 e á súa iniciación non poderá ser anterior á data de publicación da presente convocatoria no DOG.

6. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 4 (que se publica como anexo XIII á presente orde e a disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

O prazo de presentación de solicitudes, coa documentación á que se fai referencia na base 7, remata o día 15 de xuño de 1996.

7. Formalización de solicitudes.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

7.1. Documento acreditativo de pertenza a algunha das categorías do apartado 2.2. No caso de persoal

interino ou contratado, o dito documento deberá estar vixente na data de peche da convocatoria. Naqueles casos nos que a categoría do solicitante non leve implícita a condición de doutor, esta, de se-lo caso, deberá acreditarse. Os solicitantes ós que se refire o apartado 2.2.c), ademais de acredita-la condición de doutor deberán presentar unha declaración xurada na que conste que non obtiveron bolsa doutro organismo para realizar unha estadía fóra da Comunidade Autónoma despois da lectura da súa tese de doutoramento.

7.2. Os solicitantes incluídos nos apartados 2.2.a), 2.2.b) e 2.2.c) entregarán unha relación das 5 publicacións máis salientables, dos 3 últimos anos. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos salientables dela (autor/es, título, editorial, revista, etc.). No caso dos solicitantes do apartado 2.2.c) das publicacións achegadas deberá deducirse a súa vinculación co director do grupo de investigación que expide a certificación á que se refire o punto 7.4. Os solicitantes incluídos no punto 2.2.d) entregarán especificamente certificación académica da licenciatura e dos estudios de terceiro ciclo.

7.3. Plan de traballo no que se faga consta-lo calendario e programa das actividades que se van realizar. No caso de bolseiros de investigación presentarase co visto e prace do director que asume a supervisión da actividade investigadora do solicitante.

7.4. Autorización para realiza-la estadía acreditada mediante:

-Certificación expedida polo secretario do departamento, no caso de solicitantes vinculados á universidade, facendo referencia ó correspondente acordo do consello de departamento.

-Certificación expedida polo director do centro de investigación, no caso de solicitantes vinculados a outros centros de investigación.

-Certificación expedida polo director do grupo de investigación ó que pertence o solicitante, no caso de solicitantes ós que se refire o apartado 2.2.c).

7.5. Aceptación do centro onde se vai desenvolve-lo traballo.

8. Tramitación

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporá lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando no seu caso as causas de exclusión, nos taboleiros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das súas delegacións provinciais, no centro de información administrativa da Consellería de Presidencia e Administración Pública, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense e nos da vicexerencia do campus de Lugo. Esta lista estará exposta desde o 1 de xullo ó 10 de xullo de 1996, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formular

reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se enmenden as causas de exclusión procederase o arquivo do expediente sen mais trámite.

9. Criterios de selección.

A avaliación das solicitudes farase conforme os seguintes criterios:

9.1. Méritos ós que se refire o apartado 7.2.

9.2. Plan de traballo e o seu interese, segundo o establecido no apartado 7.3.

9.3. A comisión considerará como solicitudes de especial interese aquelas que se propoñan ó amparo dun convenio xa establecido entre a Xunta de Galicia e un centro de investigación no exterior.

9.4. A comisión dará prioridade as solicitudes relativas a:

-Estadías fóra de Europa de duración superior a 1 mes.

-Estadías fóra de España e Portugal de duración superior a 15 días.

-Persoas que non resultaron beneficiarias dunha destas bolsas por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 21 de xullo de 1995 (DOG do 2 de agosto).

10. Resolución do concurso

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Política Científica, que elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral de Universidades e Investigación para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

11. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da acción.

Os beneficiarios das bolsas están obrigados a comunicarlle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación a data de incorporación ó centro de destino, e unha vez incorporados, deberán encontrarse, en todo momento, en condicións de xustifica-lo seu labor asiduo no devandito centro. Calquera interrupción ou aprazamento do período de desfrute, dentro do prazo sinalado no punto 5 das presentes bases, deberá ser previamente autorizado pola Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

Non se admitirán cambios nos centros de destino salvo circunstancias excepcionais que así o aconsellen, logo de informe favorable, en todo caso, dos dous centros afectados.

Os beneficiarios de bolsas con estadías de máis de 6 meses, antes de remata-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Dirección Xeral de Universidades e Investigación un informe do labor realizado ata o momento. Tódolos bolseiros, nos dous meses seguintes ó remate do período de desfrute, deberán presentar un informe final do traballo realizado, que deberá incluí-la copia

dos traballos eventualmente publicados e mailo informe do director do centro de destino sobre o labor realizado, con indicación expresa do tempo de permanencia no centro. No caso dos bolseiros de investigación incluídos no apartado 2.2.d), o informe final presentarase co visto e prace do director do traballo.

O incumprimento de calquera dos compromisos contraídos polo beneficiario poderá dar lugar, se é o caso, á supresión da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas.

En calquera momento a Dirección Xeral de Universidades e Investigación poderá reclamar do centro receptor un informe sobre o labor realizado polo bolseiro.

12. Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se compromete a cumprir todas e cada unha das condicións recollidas nas presentes bases; así mesmo entregarase declaración xurada na que conste que non dispón doutra bolsa para o mesmo fin.

13. Publicación dos resultados obtidos.

Os resultados obtidos con ocasión do desfrute da bolsa serán propiedade dos seus autores, que, no caso de facelos públicos, deberán facer consta-la axuda recibida da Xunta de Galicia e terán que enviarlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria un exemplar da publicación na que se recolla.

14. Incidencias.

As renuncias que se produzan poderán ser substituídas pola Dirección Xeral de Universidades e Investigación de acordo coa lista de reserva, se a houbese.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación resolverá tódalas dúbidas e incidencias que puideran xurdir na aplicación da presente convocatoria.

ANEXO IV

Axudas para organización de congresos, simposios ou seminarios que se vaian celebrar en Galicia

Teñen como finalidade axudar ós órganos individuais ou colectivos das universidades da Comunidade Autónoma e ós centros de investigación radicados nela, a sufraga-los gastos de organización de reunións de carácter científico e tecnolóxico, con estructura de relatorios e comunicacións, que teñan lugar na nosa Comunidade Autónoma e contribúan a difundi-los coñecementos e os avances da investigación.

Bases da convocatoria

1. Solicitantes e finalidade.

As axudas serán solicitadas para unha reunión científica específica, que se vaian celebrar en Galicia, polo responsable do comité organizador dela,

que terá que ser necesariamente un órgano individual ou colectivo dunha universidade da Comunidade Autónoma ou dun centro de investigación radicado na nosa comunidade. Só se financiarán actividades con estructura de relatorios e comunicacións.

2. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 15 (que se publica como anexo XIV á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir acompañadas, inescusablemente, da seguinte documentación:

-Certificación do organismo, institución ou sociedade correspondente na que conste expresamente o acordo de organiza-la actividade científica e a designación do comité organizador.

-Orzamento detallado de ingresos e gastos, segundo o modelo oficial.

-Programa provisional no que conste a relación prevista de conferenciantes invitados, e as actividades que se vaian realizar. A presentación do programa definitivo será condición necesaria para o pagamento da axuda.

-Declaración de non ter obtido financiamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para este mesmo evento na convocatoria do ano 1995 (resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 17 de xullo de 1995, DOG do 27 de xullo).

-Outros documentos que consideren oportunos.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

As solicitudes irán acompañadas da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes, remata o vindeiro 10 de xuño de 1996.

3. Axudas.

3.1. Contía.

As axudas consistirán nunha subvención que en ningún caso superará as cantidades, en pesetas, que a continuación se indican, segundo o seu carácter:

Internacional: 700.000 ptas.

Nacional: 350.000 ptas.

Local: 175.000 ptas.

Para os efectos desta convocatoria enténdese que:

-Son congresos, seminarios ou simposios internacionais aqueles organizados por entidades ou asociacións recoñecidas de carácter internacional.

-Terán carácter nacional os organizados por entidades ou asociacións de carácter nacional.

Os departamentos universitarios, centros universitarios e centros de investigación radicados na nosa Comunidade Autónoma poderán solicita-la organización de seminarios, simposios e congresos de carácter propio do seu ámbito territorial directamente; tamén poderán solicita-la organización de seminarios, simposios e congresos de carácter nacional ou internacional, se forman parte ou delega neles, unha institución que teña recoñecido o carácter nacional ou internacional.

3.2. Utilización.

-As subvencións só se destinarán a financia-los gastos relacionados con algunha das seguintes actividades:

a) Difusión dos programas de reunión.

b) Gastos de participación dos relatores e conferenciantes.

c) Edición das actas.

En ningún caso se financiarán actividades que se realizaran con anterioridade á data de publicación da presente orde no DOG ou que se vaian realizar con posterioridade ó 30 de setembro de 1997, tomando, para estes efectos, como referencia a data de inicio da reunión. En ningún caso poderá financiarse a mesma actividade con cargo a dúas convocatorias consecutivas desta consellería.

4. Comisión de selección e resolución do concurso.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Política Científica que elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral de Universidades e Investigación para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión considerará como solicitudes de especial interese aquelas que se propoñan ó amparo dun convenio xa establecido entre a Xunta de Galicia e un centro de investigación no exterior.

5. Obrigas dos beneficiarios.

No caso de concesión da axuda, a entidade organizadora fará constar en toda a información e documentación a colaboración prestada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Así mesmo, deberá remitir á Dirección Xeral de Universidades e Investigación o programa definitivo e unha memoria das actividades realizadas.

6. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas ós beneficiarios mediante libramento ó organismo con personalidade xurídica propia e de acordo coa normativa vixente; previamente ó pagamento, os beneficiarios deberán ter presentado o programa definitivo.

7. Incidencias.

Calquera modificación que se vaia realizar nas actividades subvencionadas deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

Non observar calquera destas bases suporá a perda das cantidades percibidas como subvención.

ANEXO V

Axudas para asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos

Teñen como finalidade favorece-la participación dos investigadores da nosa Comunidade Autónoma en reunións de carácter científico co fin de fomenta-lo intercambio de coñecementos, a actualización deles e a colaboración entre grupos de investigación.

Bases da convocatoria

1. Solicitantes.

1.1. Congresos, simposios e seminarios.

As axudas para asistencia a congresos, simposios ou seminarios poderán ser solicitadas polo persoal docente e investigador das universidades de Galicia e outros investigadores de centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma, sempre que na data de remate da presente convocatoria non teñan vixente financiamento a cargo dunha institución da Comunidade Autónoma, para realizar traballos de investigación.

1.2. Cursos.

As axudas para asistencia a cursos poderán ser solicitadas unicamente polos bolseiros de terceiro ciclo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e bolseiros asimilados. As solicitudes só poderán referirse a cursos que se celebren en España ou Portugal.

2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 16 (que se publica como anexo XV á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

a) No caso de congresos, simposios ou seminarios:

-Documento acreditativo da categoría do solicitante. No caso de persoal interino ou contratado, o dito documento deberá estar vixente na data de peche da convocatoria. Naqueles casos nos que a categoría do solicitante non leve implícita a condición de doutor, esta, de se-lo caso, deberá acreditarse.

-Declaración xurada do solicitante na que conste que non forma parte de equipos de investigación

que teñan vixente financiamento, a cargo dunha institución da Comunidade Autónoma, para realizar traballos de investigación.

-Resumo do traballo que se vai expoñer na reunión.

-Xustificante de aceptación do traballo polo comité organizador, ou compromiso de presentalo.

Ademais dos documentos anteriores, deberá xuntarse:

-Para o caso de doutores: relación das 5 publicacións máis salientables dos 3 últimos anos. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos salientables dela (autor/es, título, editorial, revista, etc.).

-Para o caso dos solicitantes non doutores: informe do director da tese no que conste o interese que ten a asistencia do solicitante á dita reunión.

Nos traballos de máis dun autor só se poderá solicitar unha axuda para un dos asinantes. Un mesmo investigador só poderá solicitar unha axuda nesta convocatoria para asistir a reunións científicas. En ningún caso se concederán bolsas para a asistencia a unha mesma reunión a máis de dous membros do mesmo grupo de investigación.

b) No caso de cursos monográficos:

-Documento acreditativo da categoría do solicitante.

-Solicitude de inscrición no curso.

-Programa do curso.

-Informe do titor no que conste o interese do curso para a formación do solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 7 de xuño de 1996.

3. Contía e finalidade das axudas.

O importe máximo das axudas concedidas será o seguinte:

-60.000 ptas. brutas para congresos e reunións que se vaian celebrar no territorio nacional e Portugal.

-100.000 ptas. brutas para congresos e reunións noutros países europeos.

-175.000 ptas. brutas para congresos e reunións que se celebren noutros países.

En ningún caso se financiarán actividades que se realicen con anterioridade á data de publicación desta orde no DOG ou que se vaian realizar con posterioridade ó 30 de setembro de 1997, tomando, para estes efectos, como referencia a data de comezo do congreso, simposio, seminario ou curso monográfico.

4. Tramitación.

Os servicios da Dirección Xeral de Universidades e Investigación comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluí

das, sinalando se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das súas delegacións provinciais, no centro de información administrativa da Consellería de Presidencia e Administración Pública, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense e nos da vicexerencia do campus de Lugo. Esta lista estará exposta desde o 24 de xuño ó 4 de xullo de 1996, os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

5. Comisión de selección e resolución do concurso.

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Política Científica que elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral de Universidades e Investigación para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

6. Obrigas dos beneficiarios.

No caso de concesión da axuda, os seus beneficiarios farán constar en toda a información e documentación a colaboración prestada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

7. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas mediante libramento único e directo ós beneficiarios, que deberán presentar previamente:

Para congresos, simposios e seminarios:

1. Declaración xurada na que conste que non recibiron ningún financiamento, por parte doutras entidades, para o mesmo fin.

2. Aceptación do traballo por parte da entidade, institución ou persoa organizadora da reunión, sempre que non fose entregada xa no momento de solicita-la axuda.

3. Certificación de asistencia.

Para cursos monográficos.

1. Declaración xurada na que conste que non recibiron ningún financiamento, por parte doutras entidades, para o mesmo fin.

2. Xustificación de ter feito o curso.

8. Incidencias.

O incumprimento dalgunha das condicións establecidas nesta convocatoria suporá a perda da axuda concedida.

ANEXO VI

Axudas para o financiamento de estadías de profesores visitantes

A finalidade destas axudas é darlle cumprimento ó plan de financiamento do sistema universitario de Galicia nunha das súas accións formativas. Trátase de apoia-la formación do profesorado univer

sitario da Comunidade Autónoma financiando a estadía de profesores de recoñecido prestixio que desexen incorporarse temporalmente a unha das universidades galegas, con motivo de difundi-los seus coñecementos entre a nosa comunidade universitaria.

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos candidatos.

Os candidatos serán profesores universitarios de recoñecido prestixio, pertencentes a centros situados fóra da nosa Comunidade Autónoma.

2. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 17 (que se publica como anexo XVI á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992. Cada universidade poderá presentar como máximo o equivalente a 2 peticións de máxima duración, que se financiarán. A Dirección Xeral de Universidades e Investigación admitirá as dúas propostas seleccionadas por cada unha das universidades pois entende que, en virtude do establecido no artigo 3.2º da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, as universidades teñen autonomía para diversas competencias, entre elas a selección, formación e promoción do persoal docente e investigador así como a determinación das condicións nas que este ten que desenvolve-la

súa tarefa.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

-Proposta de gasto correspondente á visita, así como especificación da parte do gasto que se pensa financiar coa axuda concedida pola consellería. A especificación farase sempre e cando a proposta de gasto sexa superior á cantidade máxima fixada como axuda posible.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 17 de xuño 1996.

3. Duración e contía da axuda.

A duración da estadía dos profesores visitantes deberá ser superior a 1 mes e inferior a 10 correspondentes ó curso académico 1996/97.

A contía da axuda asignada a cada beneficiario estará comprendida entre 170.000 e 300.000 ptas. por mes de estadía.

4. Resolución.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación publicará no DOG a resolución pola que se conceden estas axudas.

5. Outras condicións.

O importe das subvencións será librado á universidade correspondente. Rematado o período de desfrute, cada universidade remitiralle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación un informe no que se detallen as actividades realizadas polo profesor visitante durante a estadía.

ANEXO VII

Subvencións a publicacións periódicas

Estas axudas teñen como finalidade potenciar na nosa Comunidade Autónoma a edición de publicacións periódicas de carácter científico, que sexan de interese para esta Comunidade.

Bases da convocatoria

1. Solicitantes.

As axudas poderán solicitarse para aquelas publicacións periódicas que reúnan os seguintes requisitos:

1.1. Deberán ser publicacións editadas por algún dos servicios ou dependencias das universidades galegas competentes para tal efecto, ou ben coeditadas entre algún deles e outras institucións. Esta competencia deberá acreditarse mediante certificado da universidade correspondente.

1.2. Estar en posesión do correspondente ISSN.

1.3. Dispor de comité de redacción.

1.4. Dispor de sistema de avaliación, mediante censores, para a selección dos traballos que serán obxecto de publicación.

1.5. Admiti-la publicación de artigos nas linguas propias dos países ós que pertencen as institucións que participan na súa edición.

2. Tramitación das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 10 (que se publica como anexo XVII á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Universidades e Investigación e nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia), presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Un exemplar da publicación, se é o caso, ou o proxecto de publicación.

-Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo órgano com

petente da universidade correspondente na que conste o cumprimento do establecido no apartado 1.1.

-Avance do ingreso previsto por venda directa de exemplares ou subscricións, especificando o sistema de distribución empregado, co fin de que a Comisión de Selección poida estima-la tendencia ó autofinanciamento.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia co visto e prace do seu representante legal.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 10 de xuño de 1996.

As solicitudes xuntaranse á correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

3. Selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Política Científica que elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral de Universidades e Investigación para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.. A comisión rexeitará tódalas solicitudes encamiñadas á dotación de equipamento (material informático, mobiliarios, maquinaria, etc.) e pagamento de persoal das revistas.

Darase prioridade a aquelas peticións relativas a publicacións que dispoñan doutros apoios por parte de institucións ou entidades afíns.

4. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas mediante libramento ós beneficiarios a través do organismo con personalidade xurídica propia na que aqueles estean integrados. Previamente ó pagamento, e en todo caso antes do 30 de novembro de 1996, os beneficiarios deberán remitir á Dirección Xeral de Universidades e Investigación un exemplar das correspondentes publicacións.

A Dirección Xeral de Universidades e Investigación poderá solicitarlles ós beneficiarios a presentación dunha memoria na que se detalle o investimento da subvención concedida.

No caso de demostrarse a inadecuación do gasto ou incumprimento dalgunha das bases da convocatoria, procederase á reclamación das cantidades xa pagadas e poderanse propor as accións legais que puidesen corresponder de acordo coa lexislación vixente.

Os beneficiarios quedan obrigados a facer constar nas correspondentes publicacións a colaboración prestada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ANEXO XVIII

Ciencias experimentais

Licenciado en bioloxía.

Licenciado en bioquímica.

Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias ambientais

Licenciado en ciencias do mar.

Licenciado en ciencias e técnicas estatísticas (só de 2º ciclo).

Licenciado en física.

Licenciado en matemáticas.

Licenciado en química.

Licenciado en xeoloxía.

Diplomado en estatística.

Diplomado en óptica e optometría.

Ciencias da saúde

Licenciado en farmacia.

Licenciado en medicina.

Licenciado en odontoloxía.

Licenciado en veterinaria.

Diplomado en enfermería.

Diplomado en fisioterapia.

Diplomado en logopedia.

Diplomado en podoloxía.

Diplomado en terapia ocupacional.

Ciencias sociais e xurídicas

Licenciado en administración e dirección de empresas.

Licenciado en ciencias actuariais e financeiras (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en ciencias políticas e da administración.

Licenciado en comunicación audiovisual.

Licenciado en dereito.

Licenciado en documentación (só de 2º ciclo)

Licenciado en economía.

Licenciado en investigación e técnicas de mercado (só de 2º ciclo).

Licenciado en pedagoxía.

Licenciado en psicopedagoxía (só de 2º ciclo).

Licenciado en psicoloxía.

Licenciado en publicidade e relacións públicas.

Licenciado en socioloxía.

Licenciado en xornalismo.

Mestre:

Especialidade de educación infantil.

Especialidade de educación primaria.

Especialidade de lingua estranxeira.

Especialidade de educación física.

Especialidade de educación musical.

Especialidade de educación especial.

Especialidade de audición e linguaxe.

Diplomado en biblioteconomía e documentación

Diplomado en ciencias empresariais.

Diplomado en educación social.

Diplomado en xestión e administración pública.

Diplomado en relacións laborais.

Diplomado en traballo social.

Ensinanzas técnicas

Arquitecto.

Arquitecto técnico.

Enxeñeiro aeronáutico.

Enxeñeiro técnico en aeromotores.

Enxeñeiro técnico en aeronavegación.

Enxeñeiro técnico en aeronaves.

Enxeñeiro técnico en aeroportos.

Enxeñeiro técnico en equipos e materiais aeroespaciais.

Enxeñeiro agrónomo.

Enxeñeiro técnico en explotacións agropecuarias.

Enxeñeiro técnico en hortofruticultura e xardinería.

Enxeñeiro técnico en industrias agrarias e alimentarias.

Enxeñeiro técnico en mecanización e construccións rurais.

Enxeñeiro de camiños, canais e portos.

Enxeñeiro técnico en construccións civís.

Enxeñeiro técnico en hidroloxía.

Enxeñeiro técnico en transportes e servicios urbanos.

Enxeñeiro en electrónica (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en sistemas electrónicos.

Enxeñeiro industrial.

Enxeñeiro de materiais (só de 2º ciclo)

Enxeñeiro técnico en electricidade.

Enxeñeiro técnico en mecánica.

Enxeñeiro técnico téxtil.

Enxeñeiro en informática.

Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

Enxeñeiro técnico en deseño industrial.

Enxeñeiro de minas.

Enxeñeiro técnico en explotacións de minas.

Enxeñeiro técnico en instalacións electromecánicas mineiras.

Enxeñeiro técnico en mineraloxía e metalurxia.

Enxeñeiro técnico en recursos enerxéticos, combustibles e explosivos.

Enxeñeiro técnico en sondaxes e prospeccións mineiras.

Enxeñeiro de montes.

Enxeñeiro técnico en explotacións forestais.

Enxeñeiro técnico en industrias forestais.

Enxeñeiro naval e oceánico.

Enxeñeiro técnico en estructuras mariñas.

Enxeñeiro técnico en propulsión e servicios de buque.

Enxeñeiro en organización industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro en automática e electrónica industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en electrónica industrial.

Enxeñeiro químico.

Enxeñeiro técnico en química industrial.

Enxeñeiro en telecomunicación.

Enxeñeiro técnico en sistemas de telecomunicación.

Enxeñeiro técnico en son e imaxe.

Enxeñeiro técnico en telemática.

Enxeñeiro en xeodesia e cartografía (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en topografía.

Licenciado en máquinas navais (só de 2º ciclo).

Diplomado en máquinas navais.

Licenciado en náutica e transporte marítimo (só de 2º ciclo).

Diplomado en navegación marítima.

Licenciado en radioelectrónica naval (só de 2º ciclo).

Diplomado en radiolectrónica naval.

Humanidades

Licenciado en antropoloxía social e cultural (só de 2º ciclo).

Licenciado en belas artes.

Licenciado en filoloxía alemana.

Licenciado en filoloxía árabe.

Licenciado en filoloxía catalana.

Licenciado en filoloxía clásica.

Licenciado en filoloxía eslava.

Licenciado en filoloxía francesa.

Licenciado en filoloxía galega.

Licenciado en filoloxía hebrea.

Licenciado en filoloxía hispánica.

Licenciado en filoloxía inglesa.

Licenciado en filoloxía italiana.

Licenciado en filoloxía portuguesa.

Licenciado en filoloxía románica.

Licenciado en filoloxía vasca.

Licenciado en filosofía.

Licenciado en xeografía.

Licenciado en historia.

Licenciado en historia da arte.

Licenciado en historia e ciencia da música.

Licenciado en humanidades.

Licenciado en teoría da literatura e literatura comparada (só de 2º ciclo).

Licenciado en lingüística (só de 2º ciclo).

Licenciado en traducción e interpretación.

9603403