Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1996 pola que se anuncia o concurso público 4/1996 -procedemento aberto- trámite de urxencia para a realización dun documental sobre a Universidade da Coruña (expediente 4018/1996).

Convócanse concurso público, polo trámite de urxencia, para a realización dun documental sobre a Universidade da Coruña.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de traballos de consultoría e asistencia por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita na r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase no terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 da horas da mañá na Sala de Xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000).

Garantía provisional: cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.).

A Coruña, 3 de maio de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

3308