Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos que se citan.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

-Obxecto da contratación: asistencia para o desenvolvemento de campañas informativas nos medios radiofónicos da Comunidade Autónoma galega (Resolución do 26-12-1995 publicada no DOG do 4-1-1996).

Empresa adxudicataria: Imaxe Publicidade.

Orzamento de adxudicación: 80.625.000 ptas.

-Obxecto de contratación: asistencia para a realización dos servicios de apoio ó proxecto de informatización de atención primaria (Resolución do 18-12-1995 publicada no DOG do 16-1-1996).

Empresa adxudicataria: AGV.

Orzamento de adxudicación: 13.200.000 ptas.

-Obxecto de contratación: asistencia para a contratación dos servicios de apoio informático para o centro de soporte técnico do Sergas (Resolución do 5-1-1996 publicada no DOG do 29-1-1996).

Empresa adxudicataria: Coremain, S.L.

Orzamento de adxudicación: 184.147.200 ptas.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1996.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

3573