Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/46-2. Libro de rexistro: 4.517 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica.Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sánez Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Costaneiro, Rubín, Cacabelos.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 335 metros, sobre postes de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V+-2, 5%+5%, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 1.360 metros, para mellora do servicio eléctrico en Costaneiro, Rubín e Cacabelos, no concello de Monforte de Lemos.

Orzamento: 5.627.668 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 29 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3417