Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/44-2. Libro de rexistro: 4.489 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a informa

ción pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sánez Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. en Paradela-3.

Situación: Paradela.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 cunha lonxitude de 57 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de distribución tipo intemperie de 160 kVA, 20.000/400-231 V, sobre poste de formigón, o C.T. conectarase a liña aérea Sarria-Palas, para mellora do servicio eléctrico na zona Paradela-3, concello de Paradela.

Orzamento: 2.089.513 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 29 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3416