Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996 pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto, para a contratación mediante tramitación urxente de restauración da igrexa de San Domingos-A Coruña (expediente 96/4/1208).

Esta secretaría, unha vez, cumpridos os trámites adminsitrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público, procedemento aberto, en trámite de urxencia para a adxudicación da obra que se cita:

Obxecto: restauración da igrexa de San Domingos (A Coruña) (expediente 96/04/1208).

Orzamento de licitación: 30604.869 ptas. (trinta millóns seiscentas catro mil oitocentas sesenta e nove pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación requirida: grupo K, categoría e, subgrupo 7.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición na copistería Tórculo, praza de Mazarelos, nº 14, baixo, de Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación das proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.

Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela, e no rexistro xeral da Xunta de Galicia, desde as 9 ata as 14

horas. Se a presentación fose en sábado, farase no rexistro xeral da Xunta de Galicia. En canto ás proposicións por correo, habera que aterse ó disposto na cláusula 6.2 parágrafo segundo do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala B da Consellería de Presidencia e Administración Pública ás 10.30 horas do día 5 de xuño de 1996.

Información adicional: a solvencia económica financeira e técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

3339