Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1996 pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto, para a contratación mediante tramitación urxente da obra de acondicionamento de accesos e actuación de remate na aldea de Seceda (expediente 96/4/1207).

Esta secretaría, unha vez, cumpridos os trámites adminsitrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público, procedemento aberto, en trámite de urxencia para a adxudicación da obra que se cita:

Obxecto: acondicionamento de accesos e actuación de remate na aldea de Seceda (expediente 96/04/1207).

Orzamento de licitación: 27.493.146 ptas. (vintesete millóns catrocentas noventa e tres mil cento corenta e seis pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación requirida: grupo K, categoría e, subgrupo 7.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na copistería Tórculo, praza de Mazarelos, nº 14, baixo, de Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación das proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: comenzará o día seguinte ó da publicación da presente reso

lución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.

Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos, nº 15, Santiago de Compostela, e no rexistro xeral da Xunta de Galicia, desde as 9 ata as 14 horas. Se a presentación fose en sábado, farase no rexistro xeral da Xunta de Galicia. En canto ás proposicións por correo, habera que aterse ó disposto na cláusulas 6.2º parágrafo segundo do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala B da Consellería de Presidencia e Administración Pública ás 10 horas do día 5 de xuño de 1996.

Información adicional: a solvencia económica financiera e técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para Turismo

3560