Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 13 de maio de 1996 Páx. 4.523

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (224/1995).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de divorcio que se segue neste xulgado co número 224/1995 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o cinco de febreiro de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento de divorcio seguido neste xulgado co número 224/1995, no que actuaron, como partes, Segunda Rodríguez Pérez, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistida polo letrado Jesús Waldo Maroño Gargallo, como demandado Ezequiel Solar Prieto, maior de idade e en paradoiro descoñecido.

Decido que debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por Segunda Rodríguez Pérez e Ezequiel Solar Prieto, e aprobo como medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal creada por esta resolución as aprobadas na sentencia de separación antes descrita, sen prexuízo de que poida presentarse en execución desta resolución incidente para a cuantificación da contribución do esposo. Non se fai imposición de custas. Unha vez firme esta resolución, expídanse os despachos oportunos para practica-la inscrición marxinal desta no Rexistro Civil. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificaicón ó demandado Ezequiel Solar Prieto, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9602873