Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 10 de maio de 1996 Páx. 4.394

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 18 de abril de 1996 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artígo 6, sinala a obriga de que os prezos privados se fixen polas consellerías correspondentes, despois do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artígo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicaciones editadas por esta consellería que se relacionan a continuación:

-Guía de Artesania de Galicia: 2.120 ptas.

-As augas minerais en Galicia: 2.000 ptas.

2. Estes prezos entenderanse, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 18 de abril de l996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

9603370