Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407 96/29-2. Libro de rexistro: 4.501 A.T.).

Para os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo scial: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Denominación: reelectrificación de Coto da Recadeira.

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 102 metros, sobre postes de formigón ou torres metálicas. Dous centros de transformación tipo intemperie de 100 kVA o de Coto de Recadeira e 50 kVA, o da Cabana, de 20.000/380-220 V, sobre apoios metálicos. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, cunha lonxitude de 2.940 metros, sobre postes de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Coto da Recadeira, A Cabana, Mazo, no concello de Mondoñedo.

Orzamento: 18.906.524 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3218