Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 09 de maio de 1996 Páx. 4.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/18-2. Libro de rexistro: 4.490 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: C.T. de distribución tipo superficie en Seteigrexias.

Situación: Monterroso.

Descripcións técnicas: centro de transformación de distribución tipo superficie, cunha potencia de 250 kVA, 20 kV, con dúas celas de liña e unha cela de protección, para mellora do servicio eléctrico en Seteigrexas, no concello de Monterroso.

Orzamento: 4.209.287 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 18 de marzo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3214