Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 08 de maio de 1996 Páx. 4.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 11 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias ES-54/1995, devolta polo servicio de correos rehusada polo destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o con

selleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311-152-115/8-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: ES-54/1995.

Denunciado: Jaime Deiros Fernández.

DNI nº: 76.598.507.

Último enderezo coñecido: Córneas-Fontecavada-Baleira-O Cádavo.

Feitos imputados: non sacrifica-las reses positivas á tuberculose en anteriores campañas de saneamento gandeiro identificadas cos crotais LU-138335 e LU-6911P.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

-Precepto infrinxido: artigo 147 e o artigo 6 da Orde do 27 de abril de 1994.

-Precepto sancionador: artigo 224.

-Cualificación infracción: moi grave.

-Sanción imposta: 100.000 pesetas.

Lugo, 11 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9603235